O mércores 17 de novembro un grupo de alumnas e alumnos de 3º ESO visitaron a cidade de Ourense da man do Dpto. de Relixión. Na cidade realizaron o roteiro literario vencellado ao autor Carlos Casares e á obra A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor, e pasearon polas rúas localizando as casas natais de Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino López Cuevillas e Xocas.
A continuación fixeron unha visita á Catedral de Ourense, e despois do xantar gozaron das Termas.
Unha xornada completa de educación e lecer fóra das aulas, acompañados polas profesoras Isabel Ventoso e Marieta Picón.