O Departamento de Educación Física organizou unha serie de actividades encamiñadas a incrementar as experiencias deportivas do noso alumnado, mellorar a conivencia no noso centro e seguir apostando por potenciar os hábitos de vida activa e saudable.
Proxectos como os RecreActivos, o Maio natural, o programa Xogade ou a colaboración con clubs deportivos locais son algunhas das iniciativas que un ano tras outro intentamos desenvolver no noso Proxecto Deportivo de Centro.
Este ano tivemos que adaptarnos e renunciar a algunha que outra actividade pero de seguro que pronto volveremos con forzas e ilusión renovadas.
Velaquí un pequeno resumo gráfico dalgunha destas actividades que tamén podedes ver nas redes sociais de Barrañadeportiva.