Dende Artes escénicas quixemos colaborar con Somos X. O discurso feminista é trasnversal a todo o que facemos así que atopamos no 25 de novembro unha desculpa para loitar contra as violencias machistas.
O ano pasado evidenciaramos o extremo desta violencia patriarcal: o feminicidio. Así que nesta ocasión apateceunos invitar a reflexionar sobre esas outras violencias das que somos vítimas moitas de nós. A violencia da mirada sobre ás que nos comportamos fora dos estereotipos sexuais, de xénero, de sexualidade; a violencia que se exerce explicitamente con insulto explícito de un, de unha sobre a outro, o outros; a violencia do silencio dos/das que se calan; a violencia dos/das que se suman por non significarse; a violencia dos celos, do control... Esa violencia que te aplasta, señala e marca.
A reflexión chegou en forma de performance. Aquí vos deixamos un fragmento.