Skip to Content

O IES Praia Barraña participou no Campus de Climántica-Educocean en Aveiro

Unha pequena representación do IES Praia Barraña, composta por 2 alumnas da materia de Cultura Científica e 2 profesoras, acudiu á cidade portuguesa de Aveiro para participar entre os días 2 e 6 de setembro no Campus Xuvenil Internacional organizado por Climántica-Educocean.

Este encontro internacional sobre alteracións climáticas reuníu a 120 profesores e estudantes de España, Portugal e México, co obxectivo de analizar contidos, estratexias metodolóxicas e actividades que permitan artellar proxectos curriculares de comunicación científica e socioambiental do Cambio Climático.

A Fábrica, o centro que Ciência Viva-Axencia Portuguesa para a Cultura Científica e Tecnolóxica ten en Aveiro, foi o lugar escollido para desenvolver unha completa programación que incluíu visitas didácticas, simposios, coloquios, conferencias, shows de ciencia e talleres de robótica, holografía, teatro e vídeo. As aulas, salas e laboratorios da Fábrica enchéronse de talento, interese, traballo, bo ambiente e creatividade. O Campus rematou a súa fase portuguesa coa estrea do musical "Traxedia" escrito para ser representado polos alumnos e alumnas participantes.

O Campus continuou do 6 ao 8 de setembro en Noia, con máis actividades científicas, lúdicas e deportivas. Esta semana de actividades pechouse coa representación dunha segunda función do musical. Aquí vos deixamos algúns vídeos dese ultimo día.

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar



page | by Dr. Radut