Skip to Content

Concurso de poemas

ENDL do IES Praia Barraña CONCURSO DE POEMAS ILUSTRADOS DE MANUEL MARÍA

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Praia Barraña, convoca o concurso de poemas ilustrados de Manuel María, escritor ó que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2016. A finalidade deste concurso é desenvolver a capacidade de relacionar imaxe e as palabras, para o que se deberán ter en conta as seguintes bases:

1. O traballo consistirá na presentación dun poema de Manuel María ilustrado.

2. A presentación do traballo realizarase en un soporte DIN A4, co poema impreso ou manuscrito seleccionado por cada autor ca ilustración libre.

3. Cada concursante poderá presentar un só traballo, que entregará na secretaría do centro sobre pechado tamaño DIN A4 no que indicará o título e un pseudónimo do autor, que deberá conter a ilustración e o poema ilustrado. Dentro do mesmo sobre incluirase outro máis pequeno en que consten o nome e apelidos, curso e grupo ao que pertence o participante.

4. Os traballos deberán ser individuais.

5. Establécense dúas categorías: ESO e Bacharelato. Concederase un premio por categoría.

6. A data límite para a entrega das obras será o 12 de maio, e a entrega de premios farase coincidindo coa Semana das Letras.

7. O xurado estará composto por membros dos ENDL do centro e terá en conta a creatividade e a relación co tema proposto.Valorarase a orixinalidade, así como a idoneidade da ilustración co contido do poema seleccionado.

8. Cos traballos presentados en todas as categorías, farase unha selección e serán expostos no centro.

9. O xurado pode declarar desertos os premios en calquera categoría, se o considera oportuno. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.

Boiro, abril de 2016



page | by Dr. Radut