O pasado xoves 5 de xuño tivo lugar en Cee o acto de entrega de premios do VI Concurso de Murais da Costa da Morte, patrocinado por Suministros LAR S.A.
Alumnos de 4º de ESO do IES Praia Barraña de Boiro participaron dende a asignatura de Educación Plástica e Visual, impartida por D. Pascual Vidal González.
O tema proposto nesta sexta edición eran os mariscos da Costa da Morte. Sendo que ao IES Praia Barraña tocoulles por sorteo ante notario representar “navallas” e “longueiróns”.
Preme a seguinte LIGAZÓN se queres visitar a galería completa de fotos