De pé a pa, Último número, Números anteriores, Actividades

Visita de Ledicia Costas

O CURRUNCHO DAS ESCRITORAS.
Que ben o pasaron os rapaces e rapazas de 1 ESO coa visita de Ledicia Costas! Fixéronlle un feixe de preguntas e de seguro que lles entraron moitas ganas de ler outras das súas obras. Graciñas por vir. Guiño
 

Descargar fotos

Charla da Asociación Vela-luz

Co gallo de sensibilizar o noso alumnado neste 8 de marzo, Día Internacional da Muller, Gloria Vázquez da Asociación Ve-la Luz impartiu unhas clases interactivas a mozos e mozas de 4º ESO, 1º Bacharelato e FP Básica. Estamos seguras de que souberon aproveitalas.

   

8 Marzo. Grandes Mulleres Galegas do Cotián

Poñémoslle agora o contrapunto ao anterior vídeo sobre o 8M con estoutro titulado "Grandes Mulleres Galegas do Cotián". Todos e cada un dos alumnos e alumnas que participan nel relataron unha historia sobre mulleres anónimas valentes e loitadoras que nos emocionaron. A loita pola igualdade de dereitos ten moito que dicir aínda. Graciñas por colaborar!!!

8 MARZO. Grandes Mulleres Galegas na Historia

Tomando como referencia o "Álbum de Mulleres" (culturagalega.org) quixemos sumarnos á reivindicación do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, con figuras femininas galegas que deixaron a súa pegada na historia. Moitos dos nosos dereitos foron conquistados grazas a mulleres coma elas!

 

Voces da Escola (Radio Voz)

Dentro da sección Voces da Escola de Radio Voz, Cristina Aldrey, Julia Feijoo e Laura Sabel (3º ESO) entrevistaron o xogador de baloncesto do Monbus Obradoiro Alberto Corbacho de la Cruz. Podedes escoitar a entrevista no seguinte enlace:
 
 

24 febreiro. Día de Rosalía de Castro

Velaquí a pequena achega do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pontepedriña para conmemorar o 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro. Damos as grazas a tod@s @s que colaborastes na elaboración deste vídeo.

Visita de Andrea Maceiras

A nosa segunda autora dentro da sección O Curruncho das Escritoras foi Andrea Maceiras. O alumnado de 3º ESO leu a súa novela Europa Express e fíxolle todas aquelas preguntas que lle xurdiron tras a súa lectura. Puidemos comprobar que é unha obra que lles gustou. Foi un pracer tela connosco.
 
 

Sorteo "Cartas de San Valentín"

Durante dúas semanas, o amor encheu o aire do IES Pontepedriña. Hoxe levamos a cabo o sorteo da carta de amor gañadora. Parabéns á nosa afortunada!!!

 

Descargar fotos

 

Semana da Muller e a Nena na Ciencia

Podedes ver o vídeo que resume as actividades organizadas polo ENDL, o Dpto. de de Física e Química e o Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía para conmemorar o Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia.

11 Febreiro. Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Co gallo de celebrar este día tan sinalado, o ENDL, o Dpto. de Física e Química e o Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía traballamos xuntos para facelo visible no noso centro. Da man da nosa compañeira de Física e Química, Socorro Liste, tivemos a sorte de contar coa doutora Xoana Pintos Barral, investigadora na USC especialista en estudos de xénero e na presenza da muller no eido científico, quen o pasado 8 de febreiro compartiu as súas experiencias co noso alumnado de 3ºESO. Así mesmo, o seu labor vese reflectido na exposición itinerante Mulleres no Laboratorio. As Primeiras Científicas da USC.
O Vindeiro 15 de febreiro poderemos asistir á charla impartida pola doutora Jannette Rodríguez Pallares, Dpto. de Ciencias Morfolóxicas do CIMUS da USC. A conferencia está dirixida ao alumnado de 4ºESO e levará por título "De mayor quiero ser... científica", na que nos falará da súa experiencia como muller investigadora, así como das súas investigacións que se centran na enfermidade do Parkinson.

Sirva este vídeo como homenaxe a todas aquelas mulleres que grazas ao seu esforzo e tesón seguen a abandeirar a loita pola igualdade real entre homes e mulleres. Grazas compañeiras!!!
 

Distribuir contido