Becas

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

A través da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva,

  • O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2019. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.
  • Requisitos:

a) Estar cursando educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato.

b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2017/18.

c) Ter acadado no curso 2017/18 unha cualificación mínima de Ben para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.

  • Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes. ( remata o día 5 de marzo de 2019).

Para máis información este é o enlace a Orde:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20190220_lingua_alumnado.pdf.

No IES estamos a vosa disposición para calquer dúbida que teñades.

Bolsas nacionales e autonómicas

BOLSAS

 

Xunta de Galicia 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2017.

Presentación de solicitudes entre 28 de febreiro e 27 de marzo de 2017

Enlace: 

https://www.edu.xunta.es/axudasle/

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIA ESCOLAR 2017/18 ( E.S.O.)

A Orde do 16 de maio de 2017  (DOG do 22 de maio de 2017) regula o procedemento para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar para ALUMNOS/AS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO/ AXUDAS A LIBROS DE TEXTO. 

  1. O prazo para solicitar as axudas no IES A Pontepedriña vai entre os días 06 e 22 de xuño.
  2. Poden presentar a solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.
  3. A solicitude será única para todos os fillos/as que estean admitidos no centro para o curso 2017/18.
  4. O alumnado que vén para 1º de ESO  debe presentala no centro onde se atopa matriculado durante este curso.
  5. O formulario atópase na sede electrónica da Xunta de Galicia ( https://sede.xunta.gal), no portal educativo ( http://www.edu.xunta.es) , no enlace que aparece o final desta información ou na Secretaría do IES.
  6. Para a tramitación destte procedemento consultaranse automaticamente os datos, agas que alguén se opoña a esta culsulta. Nese caso deberan indicalo no recadro correspondente e presentar os seguintes documentos: DNI, Declaración do Imposto sobre a renda das persoas físicas e a falta desta, certificado tributario de imputacións no exercicio 2015. Se notifica discapacidade, certificado de grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia.

Documentación complementaria que debe presentarse:

  • Copia do libro de familia onde figuren todos oe membros computables.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución de custodia do/da menor.
  • Certificado do grao de discapacidade de calquera membro recoñecido por un órgano que non pertenza a Xunta de galicia.
  • Documentación xustificativa de situación de violencia de xénero.
  • A incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.
  • Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución adiministrativa ou xudicial.

IMPORTANTE: TODO O ALUMNADO QUE RECIBIU LIBROS DE TEXTO EN PRÉSTAMO DURANTE O CURSO 2016-17 OU AXUDA ECONÓMICA PARA MERCAR LIBROS, TEN A OBRIGA DE DEVOLVELOS. O incumprimento dese requisito, ademais de invalidar a posibilidade de participar nos sistemas citados, levará ao inicio pola Administración dun expediente de reitegro da axuda concedida.

 

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR.

Tramítanse na mesma instancia que a solicitude de axudas para libros de texto. Ten os mesmos prazos e vale a mesma documentación.

Modelo de solicitude:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_i_-_ed330b_-_solicitude_1.pdf

Convocatoria:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/dog_convocatoria_fondolibros_axudaslibros_e_material_escolar.pdf

 

Estado ( Goberno Central)

BOLSAS DE CARÁCTER XERAL 2016/17 ( Bacharelato e Formación Profesional)

Presentación de solicitudes: do 16 de agosto ata o 03 de outubro de 2016

Enlace:

http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/areas-educacion/estudiantes/bachillerato/becas-ayudas-premios/becas-y-ayudas-para-estudiar.html

BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO 2016/17

Presentación de solicitudes: do 08 de agosto ao 29 de setembro de 2016

Enlace:

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

AXUDAS ERASMUS.ES, NO MARCO DO PROGRAMA ERASMUS + ( Formación Profesional)

Enlace:

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/formacion-profesional/erasmus-es.html#dg

 

Distribuir contido