BANCO DE LIBROS 2015

BANCO DE LIBROS DA ANPA DO IES PONTEPEDRIÑA


 


Estimadas familias:


            A ANPA pon  en marcha, de novo, o Banco de libros. Este ano coa particularidade da existencia de DOUS BANCOS DIFERENTES:


·                       O BANCO  DE LIBROS da ANPA,  que funcionará de xeito similar a anos anteriores, e


·                       O Fondo Solidario de Libros para  2º e 4º  de ESO creado pola Xunta cos libros  procedentes da devolución do “cheque” do curso 2014/2015, que xestionará o Instituto.


 


·                       Organizar isto vai ser máis complexo ca nunca, polo que É MOI IMPORTANTE aclarar:


 


-        OS LIBROS ADQUIRIDOS CO CHEQUE DEBERÁN SER ENTREGADOS AO INSTITUTO.


-        O RESTO DOS LIBROS  PODERÁN ENTREGARSE AO BANCO DE LIBROS DA ANPA(*)


    *recollemos só os libros que non cambian para o curso 2015-16, consultade o listado.


 


As datas para previstas para o BANCO DE LIBROS DA ANPA son:


 


En xuño:


·                     Data para a recollida dos libros de texto: día 23 de xuño entre as 11:00h. e as 14:00h.


·                     Data para a entrega dos  libros de  texto: día 30 de xuño entre as 17:00h. e as 20:00h.


En setembro  (confirmarase no taboleiro de anuncios do instituto en setembro):


·                     Data para a recollida dos libros de texto: día 4 de setembro entre as 11:00h. e as 14:00h.


·                     Data para a entrega dos libros de texto:   día 8 de setembro entre as 17:00h. e as 20:00h.


Se estades interesados e non podedes pasar nas datas sinaladas poñédevos en contacto coa ANPA no Correo-e: anpa.pontepedrina@yahoo.es


 


O BANCO DE LIBROS DA ANPA ESTÁ DESTINADO AO ALUMNADO DA ESO, SE BEN O ALUMNADO DE BACHARELATO PODE SERVIRSE DAS HORAS E DOS DÍAS DO BANCO DE LIBROS PARA CONTAREN COA NOSA COLABORACIÓN.


Colabora con nós e faite socio!  Moitas grazas   A ANPA