BANCO DE LIBROS

 

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DO IES PONTEPEDRIÑA

 

Estimadas familias:

            Queremos informarvos de que, desde o ano 2010, o noso centro ven demandando da Consellería de Educación arranxos e obras en distintos espazos do mesmo, especialmente no que a humidades e filtracións se refire. Ante a falta de resposta por parte dos seus responsables, aceptamos en Consello Escolar a implicación da ANPA nesta demanda e na denuncia da situación en que se atopa o centro. En consecuencia, pola nosa parte dirixiremos un escrito á Unidade Técnica e á propia Conselleria solicitándolle a realización das obras e arranxos que o instituto precisa. En caso de chegarmos a Setembro sen resposta, convocaremos unha asemblea da soci@s para informarvos da situación e adoptar novas medidas.

Por outra banda, tamén queremos informarvos de que a ANPA pon  en marcha, de novo, o Banco de libros. Esta iniciativa consiste en que se poden entregar os libros utilizados  este curso polos  vosos fillos e fillas e, a  cambio, pódense recibir os libros do próximo curso. Por exemplo, eu entrego os libros da miña filla de 3º ESO e, a cambio, recibo os de 4º ESO doutra nen@ que tamén os teña entregado. NON PODEMOS ASEGURAR QUE TODO O MUNDO QUE ENTREGUE LIBROS RECIBA TANTOS LIBROS COMO ENTREGA, ISTO DEPENDERÁ DO NÚMERO DE INTERESAD@S EN PARTICIPAR NESTE INTERCAMBIO.

Como podedes imaxinar, organizar isto non é un proceso sinxelo e require da boa vontade e colaboración de todas as persoas interesadas. O máis importante é pensar que podemos entregar os libros que xa non imos necesitar e permitir que outra persoa os utilice antes que almacenalos para os nosos netos ou tiralos á cacharela. É unha cuestión de solidariedade!

A ANPA tomará nota das persoas que entreguen libros.   Posteriormente, os libros recibidos de cada curso repartiranse entre as persoas que entregaran os do curso anterior. En caso de que non haxa libros suficientes para repartir entre os participantes, o criterio para o reparto virá marcado pola orde de chegada dos interesados. Tratarase de favorecer o reparto do maior número de libros posibles entre os participantes. Favorecerase que chegue algún libro a todos os participantes e non un lote completo a uns poucos. 

Este curso recolleremos nós todos os libros (os que entregamos o curso pasado e os que entreguedes os que esteades dispostos a participar); ademais, recolleremos os libros de todas as materias, pois non haberá cambios nos mesmos de cara ao curso que ven.  As datas para a recollida de libros son:

En xuño:

·        Data para a recollida dos libros de texto: día 27 de xuño entre as 10:00h. e as 14:00h.

·        Data para a entrega de libros de texto: día 30 de xuño entre as 18:00h. e as 21:00h.

En setembro:  

·        Data para a recollida dos libros de texto: día 5 de setembro entre as 10:00h. e as 14:00h.

·        Data para a entrega de libros de texto: día 8 de setembro entre as 18:00h. e as 21:00h.

SE ALGUNHA PERSOA ESTIVESE INTERESADA E  NON PUIDESE PASAR POLO INSTITUTO NOS DÍAS SINALADOS, NAS HORAS INDICADAS, PODE POÑERSE EN CONTACTO COA ANPA :

 

Ø  TEL:          639975156 (Sofia)      /           663588556 (Luísa)

Ø  Correo-e: anpa.pontepedriña@yahoo.es /      http://www.edu.xunta.gal/centros/iespontepedrina/

O BANCO DE LIBROS DA ANPA ESTÁ DESTINADO AO ALUMNADO DA ESO, SE BEN O ALUMNADO DE BACHARELATO PODE SERVIRSE DAS HORAS E DOS DÍAS DO BANCO DE LIBROS PARA CONTAREN COA NOSA COLABORACIÓN.

 

 

Moitas grazas pola vosa colaboración!                                    A ANPA