Formulario de contacto co profesorado
Enviado por antonio.rivas o Xov, 12/12/2013 - 06:08
Co propósito de facilitar a comunicación entre as familias e o profesorado, pode empregarse o formulario que é accesible premendo nesta ligazón. O contido final remitirase automaticamente por correo electrónico ao instituto, para ser reenviado ao profesor/a ao que se queira dirixir.
Os campos que atoparán serán os seguintes:
- Profesor/a co que se quere establecer contacto
- Nome do alumno/a sobre o que se quere facer a consulta ou transmisión de información
- Curso do alumno/a
- O seu nome e apelidos
- Relación co alumno/a
- Correo electrónico ou teléfono de contacto
- Texto da mensaxe ao profesor/a
»
- APIs de Blogue