O IES de Ponte Caldelas foi recentemente seleccionado xunto con outros 19 centros educativos galego, na convocatoria definitiva de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2023/24.
O Patrimonio Cultural Inmaterial ou patrimonio vivo é unha herdanza dos antepasados que se transmite aos sucesivos descendentes e nel inclúense, segundo a UNESCO, as tradicións orais, as artes do espectáculo, os usos sociais, os rituais e actos festivos, os coñecementos e as prácticas relativas á natureza e ao universo, e os coñecementos e técnicas vencelladas á artesanía tradicional. Trátase dun patrimonio que infunde un sentimento de identidade e continuidade e que promove a cohesión social, o respecto pola diversidade cultural e a creatividade humana. Ademais, axuda ás comunidades a construír sociedades resilientes, pacíficas e inclusivas.
Este centro educativo caracterízase por realizar investigacións sobre o patrimonio da comarca dende hai moitos anos. O noso alumnado habitualmente fai entrevistas ás familias para recoller información do que ocurría noutras épocas, de ferramentas, de bailes, de cantares, sucesos históricos, a guerra civil... Con toda esa información adoitamos realizar traballos creativos, debuxos, vídeos, pod-cast que reflexen dun xeito divertido e moderno unha historia valiosa que tratamos de manter viva ou cando menos de recordala. Nas webs recollemos eses procesos para que toda a comunidade educativa teña acceso a esa información. web MEMORIA
Todos os proxectos que realizamos están insertados no noso gran proxecto "O Monte Vivo" que levamos realizando dende o 2017, ano en que os lumes se achegaron considerablemente ao noso centro. Desde O Monte Vivo, deseñamos cada curso outros proxectos de recuperación do patrimonio. Este curso o proxecto estrela é "Proxecto Comunidade" onde o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º está a realizar investigacións sobre os traballos comunais desenvoltos na nosa contorna, nos concellos de A Lama, Ponte Caldelas e Fornelos de Montes, en tempos nos nosos avós e bisavós. A recollida da uva, ir co gando ao monte por quendas, a matanza do porco, os foxos do lobo... son tarefas que unha familia soa non podía asumir e se desenvolvían organizacións maiores para lograr o éxito da tarefa. Por último tamén realizamos unha recolleita de imaxes anteriores ao 1970, que reflexen algunha actividade, baile, traballo, ou que conteña unha historia familiar que poda ser patrimonio para presentar á convocatoria de Ponte nas Ondas "Imaxes de Patrimonio".
Ao remate desta investigación, exporemos os resultados da web do Monte Vivo. Web Monte Vivo