Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
15
| 16
| 17
Start: 17/01/2024 06:02
O IES de Ponte Caldelas foi recentemente seleccionado xunto con outros 19 centros educativos galego, na convocatoria definitiva de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2023/24. O Patrimonio Cultural Inmaterial ou patrimonio vivo é unha herdanza dos antepasados que se transmite aos sucesivos descendentes e nel inclúense, segundo a UNESCO, as tradicións orais, as artes do espectáculo, os usos sociais, os rituais e actos festivos, os coñecementos e as prácticas relativas á natureza e ao universo, e os coñecementos e técnicas vencelladas á artesanía tradicional. Trátase dun patrimonio que infunde un sentimento de identidade e continuidade e que promove a cohesión social, o respecto pola diversidade cultural e a creatividade humana. Ademais, axuda ás comunidades a construír sociedades resilientes, pacíficas e inclusivas. Este centro educativo caracterízase por realizar investigacións sobre o patrimonio da comarca dende hai moitos anos. O noso alumnado habitualmente fai entrevistas ás familias para recoller información do que ocurría noutras épocas, de ferramentas, de bailes, de cantares, sucesos históricos, a guerra civil... Con toda esa información adoitamos realizar traballos creativos, debuxos, vídeos, pod-cast que reflexen dun xeito divertido e moderno unha historia valiosa que tratamos de manter viva ou cando menos de recordala. Nas webs recollemos eses procesos para que toda a comunidade educativa teña acceso a esa información. web MEMORIA | 18
| 19
| 20
| 21
|