CANTA IGUALDADE: 25 N, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Esta mañá, durante o recreo, foi a estrea oficial do vídeo clip e da canción 'Canta igualdade' elaborado por parte do alumnado do noso centro con motivo da celebración do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
Sentímonos moi orgullosos do traballo e da ilusión coa que participaron en todo o proceso e agradecemos a iniciativa da ANPA Valdarrosa, que solicitou a axuda convocada pola Secretaría xeral de igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de igualdade do Goberno español, sen a cal non tería sido posible levar a cabo esta actividade.