Eventos
Dom | ||
---|---|---|
O vindeiro luns 23 de setembro terá lugar a presentación do curso ás familias. Seguiremos o seguinte horario:
En primeiro lugar reuniremos ás familias no salón de actos. O equipo directivo e a orientadora darán unha serie de indicacións de carácter xeral. Despois as familias subirán co titor ou titora correspondente á aula do grupo.
Agardamos vervos a todos na reunión.
Un saúdo.
O equipo directivo do IES de Ponte Caldelas. |