Eventos
No IES de Ponte Caldelas traballamos arreo para presentar imaxes do Patrimonio durante o curso pasado. Recollimos imaxes antigas entre o alumnado coa colaboración das familias. Redactamos textos explicando a imaxen e, por último, en plástica, fixemos un traballo plástico modificando e dándolle color ás fotografías.
Finalmente, ese conxunto de traballos, foi recoñecido formalmente pola asociación de conservación do patrimonio, "Ponte nas Ondas", que nos premiou cun ordenador portátil ademais de invitarnos ao acto de recollida do premio no IES de Valdares, Vigo, o día 15 de novembro.
De conformidade coa Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, onte, 24 de outubro, constituíuse neste centro a Xunta Electoral, órgano competente na organización e supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar.
Forman parte da Xunta Electoral o director (que preside a Xunta) e un representante de cada un dos colectivos (profesorado, alumnado, nais/pais/titores legais, e persoal de administración e servizos). Na sesión de constitución aprobouse o calendario electoral (arquivo adxunto), e a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación (arquivos adxuntos) e dos censos provisionais (poderán consultarse no taboleiro de anuncios).
Lembramos que nesta convocatoria renovaranse os seguintes membros do Consello Escolar:
- 3 representantes do alumnado.
- 1 representante de nais/pais/titores legais.
- 3 representantes do profesorado.
Todos os membros da comunidade educativa que desexen presentar as súas candidaturas para formar parte do novo Consello Escolar poderán formalizalas dende o 28 de outubro, ata as 12:00 horas do 8 de novembro, empregando o modelo que se facilitará na Secretaría do IES.
Na última semana do mes de novembro celebraranse os exames das materias pendentes da ESO da primeira avaliación. As datas concretas poden verse no documento adxunto.
No texto adxunto pódese consultar o calendario alternativo de EXAMES DE PENDENTES ESO. Este calendario só se aplicará no caso de manterse a convocatoria de folga de transporte prevista para o 28 e 29 de novembro.
Mañan, 15 de novembro, iremos recoller o Premio que nos concede a asociación pedagóxica de conservación do Patrimonio, Ponte nas Ondas. Recibimos o Premio Especial do Xurado polos traballos de recolleita de imaxes de patrimonio de antes de 1970 e posterior transformación. Un traballo de recolleita, de redacción en aula e , finalmente, de creatividade na aula de plástica. É un premio a todo o proxecto "COMUNIDADE".