Eventos

« Venres Outubro 25, 2024 »
Ven
Start: 25/10/2024 05:38

De conformidade coa Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, onte, 24 de outubro, constituíuse neste centro a Xunta Electoral, órgano competente na organización e supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar.

Forman parte da Xunta Electoral o director (que preside a Xunta) e un representante de cada un dos colectivos (profesorado, alumnado, nais/pais/titores legais, e persoal de administración e servizos). Na sesión de constitución aprobouse o calendario electoral (arquivo adxunto), e a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación (arquivos adxuntos) e dos censos provisionais (poderán consultarse no taboleiro de anuncios). 

Lembramos que nesta convocatoria renovaranse os seguintes membros do Consello Escolar:

- 3 representantes do alumnado.

- 1 representante de nais/pais/titores legais.

- 3 representantes do profesorado.

 

Todos os membros da comunidade educativa que desexen presentar as súas candidaturas para formar parte do novo Consello Escolar poderán formalizalas dende o 28 de outubro, ata as 12:00 horas do 8 de novembro, empregando o modelo que se facilitará na Secretaría do IES.