Eventos
O vindeiro luns 23 de setembro terá lugar a presentación do curso ás familias. Seguiremos o seguinte horario:
- 1º ESO: 18:15 horas
- 2º 3º ESO: 19:00 horas
- 4º ESO: 19:30 horas
- 1º e 2º de Bach: 20:00 horas
En primeiro lugar reuniremos ás familias no salón de actos. O equipo directivo e a orientadora darán unha serie de indicacións de carácter xeral. Despois as familias subirán co titor ou titora correspondente á aula do grupo.
Agardamos vervos a todos na reunión.
Un saúdo.
O equipo directivo do IES de Ponte Caldelas.
Nos arquivos axuntos pódese ver o calendario de exames da primeira avaliación dos grupos de 1º e 2º ESO.
De conformidade coa Resolución de 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 180, de 18/09/2024), este curso procede a renovación parcial dos membros do Consello Escolar.
No noso centro, os postos a renovar son os seguintes:
O sorteo público para a designación dos membros (titulares e suplentes) da Xunta Electoral terá lugar o día venres 18 de outubro de 2024, ás 11:35 horas, no salón de actos do instituto.
Designarase:
-
Unha persoa representante titular e outra suplente do sector do profesorado.
-
Unha persoa representante titular e outra suplente do sector de nais/pais/titores legais.
-
Unha persoa representante titular e outra suplente do sector do alumnado.
- Unha persoa representante titular e outra suplente do sector do persoal d administración e servizos.
No IES de Ponte Caldelas traballamos arreo para presentar imaxes do Patrimonio durante o curso pasado. Recollimos imaxes antigas entre o alumnado coa colaboración das familias. Redactamos textos explicando a imaxen e, por último, en plástica, fixemos un traballo plástico modificando e dándolle color ás fotografías.
Finalmente, ese conxunto de traballos, foi recoñecido formalmente pola asociación de conservación do patrimonio, "Ponte nas Ondas", que nos premiou cun ordenador portátil ademais de invitarnos ao acto de recollida do premio no IES de Valdares, Vigo, o día 15 de novembro.