Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Abril 25, 2019
Start: 2019-04-25 21:33

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou a saída para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, os días 10, 11 e 12 de abril. 

 

Start: 2019-04-25 21:48

O 12 de abril o alumnado de 4º de ESO recibiu información de profesorado e alumnado da EFA As Cancelas (As Neves) sobre a súa oferta formativa.

Start: 2019-04-25 21:55

Esta semana o alumnado recibiu información de Inxeñería de Caminos, da Universidade da Coruña e das Forzas Armadas.

 

Sábado Abril 27, 2019
Start: 2019-04-27 09:46

O Concello de Porriño organiza un curso de defensa persoal feminina e de protección xurídica, prantexado para mulleres de calquera idade. Terá lugar o sábados do mes de maio.

Máis información AQUÍ

Start: 2019-04-27 15:52

O Departamento de Lingua Castelá e Literatura e o equipo da Biblioteca organizaron a celebración de día do libro co proxeccións de booktrailers de Recoméndoche un libro, canapés literarios entre 1º e 2º de ESO e gravacións de podcast con grupo de Literatura Universal de 1º de Bacharelato.

 

Start: 2019-04-27 16:33

O Departamento de Francés organizou para o día 26 de abril un taller de crêpes para o alumnado de 2º de ESO, da man do crepero profesional Jérémy co seu camión de comida "La Marinière".

Máis fotos no enlace: FOTOS

 

 

Xoves Maio 02, 2019
Start: 2019-05-02 11:58

VII Campus de Verán XuvenCiencia (campamento científico da USC)

O Campus XuvenCiencia terá lugar do 1 ao 5 de xullo  e vai dirixido ao alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC.

O custe da matrícula é 160 €.

 

O prazo de preinscrición ábrese desde o vindeiro venres 3 de maio ata o 12 de maio.

 

A información a tedes no enlace https://xuvenciencia.org/campus/gl/

 

 

Venres Maio 03, 2019
Start: 2019-05-03 13:09

O departamento de Xeografía e Historia, xunto con Orientación, organizou unha saída didáctica para que o alumnado de 1º de FP Básica coñecera o patrimonio arquitectónico do Porriño, e en particular a obra do arquitecto Antonio Palacios. Visitaron o parque Gonzalo Ordóñez, a Botica Nova e a fonte do Cristo, rematando o percorrido no Concello, onde foron recibidos pola Concelleira de Educación e pola Alcaldesa. No concello puideron ver debuxos orixinais de Antonio Palacios. 

Start: 2019-05-03 14:26

O alumnado de 1º de BAC recibiu unha charla sobre donación e transplantes por parte da AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE.

Martes Maio 07, 2019
Start: 2019-05-07 14:09

O CFR de Vigo invita ás familias a participar na seguinte sesión formativa, impartida por José Ramón Gamo: Neurodidáctica: aplicación da neurociencia á educación que se vai celebrar no IES A Guía, o día 13 de maio de 2019 en horario de 17:00 a 19:00

 

Para asistir a dita sesión poden inscribirse a través do correo electrónico cfr.vigo@edu.xunta.es ou a través do teléfono 986202370

  

CARTEL INFORMATIVO

Sábado Maio 18, 2019
Start: 2019-05-18 15:45

O xoves 16 de maio o grupo de teatro do instituto representou para todo o alumnado da ESO e para as familias dos participantes a obra "Non eran galos, eran galaicos", escrita e dirixida pola profesora Paula Lorenzo Sertaje. A representación foi todo un éxito. Parabéns aos actores e actrices e todo o agradecemento a Paula polo traballo realizado. 

A actividade de teatro forma parte la liña de actuación "Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros" dos contratos-programa da Consellería de Educación.


Distribuir contido