SAÍDA FP BÁSICA

2019-05-03 13:09
Europe/Madrid

O departamento de Xeografía e Historia, xunto con Orientación, organizou unha saída didáctica para que o alumnado de 1º de FP Básica coñecera o patrimonio arquitectónico do Porriño, e en particular a obra do arquitecto Antonio Palacios. Visitaron o parque Gonzalo Ordóñez, a Botica Nova e a fonte do Cristo, rematando o percorrido no Concello, onde foron recibidos pola Concelleira de Educación e pola Alcaldesa. No concello puideron ver debuxos orixinais de Antonio Palacios.