Skip to Content

Representamos obras de arte

Este curso, ao alumnado de 3º da ESO tocounos estudar a arte do Renacemento e do Barroco pola vía telemática. Como complemento, levamos a cabo unha actividade que tiña como obxectivo familiarizarse con obras de arte destes dous períodos. Nesta actividade, os alumnos e alumnas participantes debían sacarse fotos representando distintas obras de arte. Para isto, cada un deles tivo que buscar unha obra axeitada e logo usar a súa creatividade para representala. E quedáronlles ben chulas! Finalmente, realizamos a montaxe dun vídeo con todas estas imaxes.


Cooperamos con Cruz Vermellla para paliar os efectos da emerxencia social

No marco do noso proxecto educativo de cooperación Na casa de papel, colaboramos con Cruz Vermella Burela. Fixemos chegar ás avoas e aos avós unhas cartas de ánimo redactadas polo noso alumnado de 4° ESO para paliar os efectos do confinamento causados pola pandemia. 
 

El libro de los relatos perdidos de Bambert - Exposición de globos de 1º ESO

Cando pisemos as rúas

Sería este un bo título para unha canción pop dos oitenta, agora que actualizamos o repertorio musical nacional, grazas aos balcóns. Mais, porén, é a frase que encabeza a maioría dos nosos propósitos nesta época que, parafraseando a Dickens, recordaremos como o mellor dos tempos, […] o peor dos tempos.

Atrás quedan, a medio camiño, os proxectos  planificados ao comezo do curso; as aulas baleiras, en cuxas paredes aínda resoan as voces do alumnado de 1º ESO lendo en voz alta; os fantásticos globos chineses, de diversas cores e tamaños, rendendo homenaxe aos soños de papel que o sensible escritor Bambert fixo voar polo mundo. Quen nos ía dicir que, ao igual ca el, viviriamos recluidos nas nosas casas.

Cando pisemos o instituto, alí estarán, esperándonos para darnos a benvida, tinguileando ao ar cando se volvan abrir a portas. Ese será o seu aplauso de recoñecemento a vosa afouteza e tesón durante todo este tempo que, grazas ao poder da literatura, pódese converter no mellor dos tempos. 
 
Yolanda Orjales Somoza - Profesora de Lingua Castelá

Día internacional dos océanos

O 8 de xuño se celebra o Día Internacional dos Océanos, unha data establecida pola ONU co obxectivo de recoñecer a importancia que teñen os océanos para todas as especies e para o equilibrio ecolóxico do planeta.
O alumnado de 4° da ESO uniuse a esta celebración participando na elaboración dun vídeo no que representan parte da enorme biodiversidade dos océanos. Con el queren poñer en valor a riqueza e beleza do medio mariño dende fermosas localizacións da nosa costa.


Unha e mil veces grazas

No marco do noso proxecto educativo de cooperación Na casa de papel, o alumnado de 4º de ESO fixo un vídeo colaborativo para dar as grazas mil e unha veces aos colectivos máis afectados pola alarma sanitaria.

As gravacións foron feitas durante o confinamento debido á Covid 19. A edición final deste vídeo foi rematada aínda estes días. Trátase dun xesto desinteresado para recoñecer o esforzo e traballo de todxs nesta pandemia e para demostrar  tamén que a responsabilidade individual redunda no ben de todxs.

Diario do confinamento 2020

Os alumnos/as de 4º de ESO estiveron escribindo os seus diarios do confinamento. A súa profesora Miruca Parga seleccionou os textos que forman o seguinte diario de 4º de ESO A. 
 

Letras Galegas en voz alta

Selección de textos especial Letras Galegas Ricardo Carvalho Calero

Un traballo do alumnado de 2°, 3° ESO e 2° de bach. do IES Perdouro guionizado pola súa profesora Belén Couto.
 

Coplas en homenaxe a Carvalho Calero

Odas a un invento

Para estimular a creatividade literaria do seu alumnado de 4º, a profesora Eva propúxolles escribir unhas odas a uns inventos do seu gusto. E aquí o fabuloso resultado!!!

 

Letras galegas 2020 - Ricardo Carvalho Calero

Xa chegaron os carteis especiais Letras galegas que como cada ano acostuma publicar o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Este curso traballaron en equipo, investigaron e maquetaron os alumnos/as de 4º ESO liderados pola súa profesora Miruca Parga. Entre todos os carteis feitos houbo que seleccionar os doce que resumían  a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero. Se queres saber máis sobre a figura homenaxeada das Letras deste ano, só tes que ver estes carteis informativos.



by Dr. Radut