Skip to Content

Charla de ciberseguranza

O día 26 de novembro, Óscar e Antonio déronnos unha charla sobre ciberseguranza. Durante a charla explicáronnos as diferenzas entre hacker e cyber delincuente e a importancia de manter segura a nosa identidade dixital.

Explicáronnos que era un ataque de forza bruta e, mediante unha histoira, o importante que é manter a nosa identidade dixital segura. Tamén nos ensinaron como podemos crear contrasinais máis seguras e como mantelas en segredo. Mostráronnos ... seguir lendo a crónicade Iria Jacomé Martínez - 1º ESO C no blogue de Perdourando.

Contos de medo

O alumnado de 1º de ESO cóntanos historias de medo e espanto. Un traballo feito en lingua castelá e recollido no seguinte muro:

Hecho con Padlet

 

Cartas ao futuro - Especial 25N

Para traballar a igualdade e concienciar sobre o problema social da violencia de xénero, desde a titoría de 1º A da ESO os alumnos e alumnas desenvolveron un bonito traballo chamado "Cartas ao fututo", que podedes ver no seguinte vídeo:

Obradoiro de igualdade

 

 

 

Videoconferencia de Sonia Villapol Salgado - Mes da ciencia en galego

 
Videoconferencia "Só a ciencia nos rescatará da pandemia" por Sonia Villapol Salgado.
 
16/11/2020 ás 12h45 para o alumnado de 4º ESO e 1º Bach.
 

Programa videoconferencia.

12.45-13.00: Inauguración coa intervención de:
. Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística,
. Manuel Díaz Regueiro, presidente de Igaciencia, 
. Inés Ben González, secretaria de Igaciencia
 
13.00 - 13.45: Conferencia de Sonia Villapol Salgado, neurocientífica e profesora no departamento de Neurocirurxía do Centro de Neurorexeneración do Instituto de Investigación Metodista en Houston, TX.
 
13.45-14.00 aprox. contestación de preguntas recibidas a través do chat.
 
Breve biografía conferenciante:
 
Sonia Villapol Salgado, científica no Centro Médico de Texas (Houston, EE.UU.), forma parte do Equipo de Investigación Internacional da COVID-19 (COV-irt.org)
 
Naceu en Bretoña (Lugo). Estudou BUP no instituto de Meira.
Licenciada en Bioloxía Molecular pola Universidade de Santiago de Compostela (2003), é Doutora en Neurociencias pola Universidade Autónoma de Barcelona (2007). 
Traballou coma investigadora postdoutoral en laboratorios do Centro Nacional de investigación científica (CNRS) da Universidade Pierre e Marie Curie VI e no Instituto Nacional de sanidade e investigación médica (INSERM) do Hospital Robert Debré, en París (Francia). No ano 2010 trasladouse un EEUU, traballou nos Institutos Nacionais de Saúde (NIH) e no Centro de Neurociencias e Medicina Rexenerativa, en Maryland (EEUU). Foi profesora de Neurociencias na Universidade de Georgetown en Washington DC (EEUU).
 
A súa investigación científica céntrase no estudo de danos cerebrais, tanto infartos cerebrais, coma traumatismos craneoencefálicos, experimentando distintos tratamentos e explorando os mecanismos de resposta a múltiples procesos relacionados coa morte das neuronas.
 
Destacamos especialmente, a súa capacidade para compartir o seu saber, pois participa en numerosas actividades de divulgación científica no ámbito educativo e cultural. https://www.villapol-lab.com/
 

Auteures de la littérature française

 O alumnado de 2º de bacharelato fixo unhas presentacións audiovisuais sobre cinco escritoras do mundo das letras.

Katherine Pancol

Colette

 

Marguerite Duras

La comtesse de Ségur

Muriel Barbery

Maruxía 26

Logo do traballo dirixido por Natalia Irimia, coordinadora do Equipo de Dinamización en Lingua Galega, sae o nº 26 da nosa revista escolar. Maruxía está chea de cores e recensións de moitas das actividades realizadas ao longo deste ano atípico. Recolle as saídas educativas, os obradoiros, carteis informativos así como composicións (coplas, odas, cartas de ánimo e diario). 
Esta vez non imos contar coa versión en papel da revista mais inclue código QR que fai dela unha revista máis interactiva. Esperamos que poidades desfrutar da súa lectura. 

Maruxía 26

Publicada a edición dixital da nosa revista anual neste ano atípico.

O equipo de redación de Maruxía formado polo alumnado de 4º de ESO TIC traballo de xeito diferente para maquetar o número 26 da revista Maruxía. Esta vez a revista non irá a imprenta e non faremos tristemente ningún acto de presentación presencial como acostamos facer. Máis está chea de cores, bons recordos, crónicas de viaxes e saídas, e actividades realizadas durante o confinamento. Recolle as saídas educativas, os obradoiros, carteis informativos así como composicións (coplas, odas, cartas de ánimo e diario). 

Esta vez non imos contar coa versión en papel da revista mais inclue código QR que fai dela unha revista máis interactiva. Esperamos que poidades desfrutar da súa lectura. 
 

Videopoemas

Dende o Departamento de Lingua castelá, compartimos unha selección dos fantásticos videopoemas que crearon os artistas audiovisuais de 1º ESO. A participación foi elevada e todos os traballos de excelente calidade, aquí tedes unha mostra como exemplo. Esperamos que vos gusten e que os disfrutedes!
 
Hecho con Padlet

Maratón de ortografía

Aquí tedes os resultados do Maratón de ortografía organizado polo Departamento de Lingua castelá na semana do 9 ao 12 de xuño.
Foi unha dura competición e moi disputada entre o alumnado de 1º e 3º ESO. En hora boa a todos os participantes que souberon visualizar a meta sen desistir e parabéns aos premiados!
 


by Dr. Radut