Skip to Content

Artes plásticas

PROXECTOS REALIZADOS DO DEPARTAMENTO DE PLÁSTICA

No curso 2019-20, o Departamento de Debuxo do Floriani estivo participando en dous proxectos que se viron mermados debido ao Covid-19; de todos modos, decidimos seguir adiante con eles para pechalos con xeito.


Os dous grupos de 1º de ESO participaron no Plan Proxecta, unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con SOAR (Sociedade de Amigos de Redondela), na que se buscaba o recoñecemento de espazos notables na vila de Redondela. A miña parte como docente foi o porto de Cesantes e decidín levar ao alumnado alí para pintar do natural o porto. Lamentablemente non pudimos levalo a cabo por mor do confinamento, pero fixémolo dende a casa e o resultado foi xenial a pesares das limitacións técnicas e materiais.

Ver traballos do porto de Cesantes


Os dous grupos de 3º de ESO participaron nun proxecto colaborativo con escolas de México que se levou a cabo a través da colaboración entre a Xunta de Galicia, o ILCE, o CSIC, o INCIPIT e XERCODE. Dito proxecto xiraba en torno ás artistas surrealistas Leonora Carrington, Maruja Mallo e Frida Kahlo e nos mantivo vinculados con México dende o mes de novembro ata agora, tempo no que estamos a rematar os traballos artísticos que nos levaron ata aquí.

Ver traballos de retratos surrealistas


Andrea Jambrina

Benvida

Artes plásticas

A comunicación mediante imaxes está presente a diario nas nosas vidas, por iso desde o departamento de artes plásticas axudamos ao alumnado a comprender e elaborar mensaxes visuais, imaxes artísticas e documentos gráficos, para que desenvolvan a súa creatividade e adquiran destreza no uso dos materiais.

As materias vinculadas ao departamento de artes plásticas son:

Educación plástica, visual e audiovisual.

Debuxo técnico.

Distribuir contido


by Dr. Radut