Skip to Content

ANPA

ANPA IES PEDRO FLORIANI

Que é a ANPA?

É a asociación de nais e pais do alumnado do IES PEDRO FLORIANI. A asociación sérvenos como órgano de representación ante os órganos municipais e ante a Dirección e o Profesorado do centro, con quen podemos colaborar para a mellora da súa xestión, en beneficio da educación dos nosos fillos e fillas. O ANPA ten representación no Consello Escolar e colabora coas ANPAS doutros centros.

Que fai a ANPA?

A pretensión desta asociación é mellorar a comunicación entre a asociación e todos as persoas que se relacionan co centro, así como servir de axuda e colaboración nas actividades do mesmo.

Ademais, comeza un novo curso no que entre todos/as, pais/nais e centro, podamos colaborar para que os nosos fillos/as poidan ter a mellor calidade e benestar no centro por encima de calquera tipo de interese persoal.

ASÓCIATE, É IMPORTANTE!

Vantaxes:

Todo o alumnado, cuxos pais/nais estean ao corrente do recibo da ANPA, recibirán axudas para saídas, excursións, intercambios e agasallos.

Como podo facerme socio/a?

Realiza o ingreso na conta da Anpa, indicando o nome completo do alumno/a e o curso (importantísimo). A cota anual é de 15 € por familia. Enviar xustificante de pago ao telefono da Anpa. Indicar un número de móbil de contacto, para poder enviar os nosos avisos.

Como podo contactar coa ANPA?

Teléfono: 633433726

Email: anpasantamarina.floriani@gmail.com

Facebook: anpa florian

Distribuir contido


by Dr. Radut