PROCEDEMENTO PARA SOLICITAR ÁS MÁSCARAS PARA O ALUMNADO:
Segundo as instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.
ALUMNADO DESTINATARIO:
O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
•Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
•Alumnado matriculado en educación especial.
•Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
•Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%
DOCUMENTOS QUE SE PRESENTAN:
- Solicitude Anexo I e Anexo II
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
- En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
LUGAR E PRAZO DE ENTREGA:
DE FORMA PRESENCIAL NA SECRETARÍA DO CENTRO ESCOLAR DO 16 AO 26 Novembro.