Skip to Content

Departamento de Orientación

A orientación educativa ten como obxectivo contribuir ao desenvolvemento integral do alumnado, co fin de capacitar para unha aprendizaxe autónoma e unha participación activa, crítica e transformadora da sociedade.


Polo tanto, entendemos que a orientación consistirá nun proceso de análise e tratamento de información en situacións educativas, que para ser eficaz ten que ser sistemático, planificado e asumido por toda a comunidade.


A Orientación Educativa no ensino secundario desenvólvese nos tres niveis que estruturan a organización escolar:

  •     Na aula, a acción titorial.
  •     No centro, o Departamento de Orientación.
  •     No Sistema Educativo, servizos externos: Equipos de Orientación Específicos (provinciais).

A intervención do Departamento de Orientación no centro pode xurdir dende as funcións propias das compoñentes do mesmo: a través de programas relacionados con diversos temas transversais, actividades de titoría, orientación académica e profesional nos distintos grupos, atención a alumnado con necesidade específica de apoio educativo, mediante as medidas de atención á diversidade establecidas, ou ben, a petición de intervencións máis puntuais solicitadas polo equipo directivo, titores/as, alumnado ou familias.

Isto explica a nosa actuación nestes 3 ámbitos principais:

  •     Apoio ao Proceso de Ensino-Aprendizaxe - Atención á diversidade.
  •     Acción Titorial.
  •     Orientación Académica-Profesional.

E que sexa precisa unha organización e colaboración entre todos os axentes da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias, organizacións externas) para poder desenvolver o noso traballo do mellor xeito posible.

Os principios expostos pola lei educativa sobre normalización e inclusión guiarán a nosa labor.

Segue as ultimas publicacións por ensinanzas na aula virtual do Centro 



page | by Dr. Radut