Skip to Content

Fondo solidario de libros e axudas para adquirir material escolar 2024-2025

Fondo solidario de libros e axudas para adquirir material escolar 2024-2025

O 21/05/2024 abre o prazo de solicitudes para a participación no Fondo Solidario de libros de texto e as axudas para material para o vindeiro curso 2024/25 (ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 96 do 20 de maio de 2024).

Prazo de presentación de solicitudes:

- Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 (este incluído)

Enlace a páxina de solicitudes:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto (E-Dixgal) no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, cando a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde ou non sexa posible acreditar a súa composición polos medios anteriores, poderase xustificar o número de membros computables co certificado ou volante de convivencia.

Contía das axudas

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO será a seguinte:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.

O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda por importe de 75 € con independencia da renda.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Así mesmo, a aplicación informática Fondolibros (www.edu.xunta.gal/fondolibros) permitiralles aos centros docentes xerar solicitudes unha vez introducidos os datos.

5. A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver, ao finalizar o curso, os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.



page | by Dr. Radut