O IES Pedro Floriani organiza unha nova edición de cursos gratuítos con diploma oficial en medios dixitais de nivel básico e intermedio sobre o uso do móbil e manexo de tablets (dispoñibles no centro) para tratar temas como:
- Descarga de horarios buses.
- Manexo de aplicacións como Google Maps, Youtube, Sergas,..
- Axustes do móbil e melloras no almacenamento.
- Citas en organismos públicos.
- Descarga borrador da declaración da Renda
- Reservas en hoteis e restaurantes.
- Edición de fotos e vídeos.
A temática non está pechada. Se durante o curso se prefire afondar noutro tema, é totalmente posible.
A data de comezo é o luns 6 maio os luns de 18:30-20:30 e os xoves de 17:00-19:00 horas.
Se estás interesado/a, chama ao IES Pedro Floriani (886 12 04 13) para anotarte e posteriormente achégate ao centro para cubrir a folla de matrícula en horario de 9:00 a 14:00.
1ª promoción do curso de Capacitación Dixital