Skip to Content

Blogues

Proba

DIFUSIÓN PIALE CANADÁ 2016/2017

O aumento da obesidade bate records en Galicia

Estracto do artigo de Paula Pérez en Faro de Vigo 16/12/13

https://www.edu.xunta.es/redeiras/blog/view/228479/o-aumento-da-obesidade-bate-records-en-galicia

Galicia é a Comunidade Autónoma na que máis se incrementou a obesidade na última década. Segundo os datos do Ministerio de Sanidad, o 19,2 % dos galegos son obesos. Máis de 530.000 galegos teñen exceso de peso, case o dobre que hai dez anos. Ademais, a comunidade ocupa o quinto posto no ranking de comunidades con maior porcentaxe de poboación obesa do Estado, so por detrás de Extremadura, Andalucía, Castilla la Mancha e Murcia (curiosamente todas comunidades do Sul). A obesidade está considerada un dos principais factores de risco dun bo número de doenzas crónicas e cardiovasculares, cerebrovasculares, diabetes mellitus, hipertensión arterial e incluso algúns tipos de cáncer.. Os médicos estiman que a obesidade é responsable do 80% das diabetes do adulto, do 55% da hipertensión e do 35% de doenzas coronarias. Mentras as administracións presentan dende hai tempo batalla contra outros factores como o tabaquismo ou o consumo de alcohol e se conseguiu reducir o seu consumo entre a poboación, no caso da obesidade as cifras seguen disparándose, producíndose en Galicia o aumento máis espectacular.

Segundo os expertos, a razón de que Galicia encabece as estadísticas está diretamente relacionada coa climatoloxía: xantares máis calóricos e menor posibilidade de realizar exercicio físico ao aire libre polo mal tempo. Miguel López, investigador do CIBERobn, centro especializado na obesidade, afirma que "O problema é grave e acarrea elevados custes sanitarios". A estas novas preocupantes hai que sumar os datos preocupantes sobre a práctica de exercicio físico na nosa comunidade: se e 2006 se chegara ao 60% de persoas que praticaban algún deporte, hoxe Galicia é a terceira comunidade donde se fai menos exercicio, so superada por Murcia e Cantabria. A inactividade física afecta hoxe xa ao 50% da poboación. Se sumamos a estes dous factores que o consumo de froitas e verduras é insuficiente no 30% da poboación galega, temos un cóctel explosivo que terá serias repercusións no benestar da nosa sociedade e nos custes sanitarios para o tratamento de doenzas fácilmente evitables con políticas de prevención.

Blog

http://florianienglishcorner.blogspot.com.es/

Benvidos ao Blogue da Biblioteca

 

 

Comezaremos a traballar no blogue en breve

Distribuir contido


by Dr. Radut