O mércores 6 de Abril os alumnos de 3º e 4º da ESO visitaron na cidade da Coruña o MUNCYT, Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, e a Domus-Casa del Hombre, os alumnos disfrutaron dunha visita guiada polos museos e participaron nunha serie de actividades interactivas para tentar fomentar o seu interese pola Ciencia e a Tecnoloxía

preme na imaxe

Entre o 4 e o 8 de abril, o noso centro exerce de anfitrión, recibindo ao alumnado e ao profesorado de Portugal, Canarias, Croacia, Rumanía e Lituania que participa no proxecto U.M.B.R.E.L.L.A do ERASMUS +. Temos por diante unha semana chea de actividades e novas experiencias.

Tags:

A comunidade educativa do IES Pedregal de Irimia levou a cabo un acto, coa lectura dun manifesto contra a guerra elaborado polo alumnado do centro baixo a coordinación do profesor de filosofía Emilio González, co lema Meira contra a Guerra.

O 12 de marzo o Ministerio de Educación publicou a resolución pola que se convocan bolsas para o curso académico 2022-2023 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios (Bacharelato, FP, graos, másters...). O prazo para solicitala ábrese o 30 de marzo e PÉCHASE O 12 DE MAIO. Tes máis información (enlaces, pasos para cumprimentala...) no seguinte pdf.

PDF bolsas para estudos postobrigatorios 2022-23

O Real Decreto 984/2021 e a Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia (DOG 11/02/2022) obrigan aos centros obrigatorios á modificación dos criterios para PROMOCIÓN, TITULACIÓN e obtención de MATRÍCULAS DE HONRA. No seguinte pdf atoparás os devanditos criterios tanto para ESO como para bacharelato.

PDF normativa de avaliación

Distribuir contido