Tags:

PRAZO:

O prazo para formalizar a matrícula  vai do 27 de xuño ao 1 de xullo de 2022.

HORARIO CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2022

Tags:

The Big  Challenge  CONTEST é un concurso de inglés para o alumnado de secundaria que permite aos alumnos/as progresar no idioma mentres se divirten. O concurso, que é unha gran ferramenta de motivación, realízano miles de alumnos cada ano en España. No IES Pedregal de Irimia participou o alumnado de 1º e 2º ESO.

 

PREME NA IMAXE 

O alumnado de Cultura Clásica (3º  ESO) e Latín (4º ESO e 1ºBAC) realizou unha saída á provincia de Ourense, organizada pola profesora de Linguas Clásicas, Iria Braña, para visitar: Santa Comba de Bande, o campamento romano Aquis Querquennis, a Mansio Originis e unha ruta polo Xurés.

PREME NAS IMAXES PARA AMPLIAR 

A data do 13 de xuño quedará gravada na nosa memoria colectiva xa que bautizamos o segundo espazo do centro co nome dunha referente feminina internacional no mundo da investigación científica. Trátase da neurocientífica Sonia Villapol, que pasará a ser o nome do laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía do noso centro de ensino. Sonia, nacida no 1977 en Bretoña (A Pastoriza), foi alumna do instituto de Meira e formaba parte do Consello Escolar cando este pasou a denominarse Pedregal de Irimia. Durante a súa estancia como alumna no noso centro promoveu o baloncesto feminino e fundou a revista Latexos, que neste curso 2021-2022 cumpre 29 números.

A xornada comezou na Casa da Cultura de Meira ás 11:15 h onde Sonia impartiu a conferencia denominada “De Meira a Houston e os laboratorios na andaina” para todo o alumnado do centro. A continuación a comunidade educativa, xunto co Xefe Territorial da Consellaría de Presidencia (Gerardo Criado), arroupou a Sonia na descuberta da placa no laboratorio co seu nome. A mañá rematou cun encontro de Sonia Villapol co alumnado de 4º da ESO e de Bacharelato interesado no campo da investigación científica. A neurocientífica presentoulles o programa de mentorado denominado “Latexos pola ciencia” co fin de acompañar nos seus comezos a todo o alumnado do instituto que queira levar a cabo unha carreira investigadora tanto no Estado como no estranxeiro.

Moitas grazas Sonia por compartir connosco esta mañá. Seguro que o teu encontro sementaría vocacións entre o noso alumnado.

(PREME NAS IMAXES)

 

Tags:

O alumnado de 4º ESO realizou a viaxe de fin de etapa a Barcelona entre os días 4 e 7 de xuño, acompañado por Iria e Alicia.

Distribuir contido