Tags:

Parabens a Aya Lafou, alumna de 1º ESO, que foi a gañadora do II Certame Escolar de Ilustración IlustrarNÓS (categoría de 1º e 2º da ESO) que organiza a Área de Cultura da Deputación de Lugo.

O alumnado tiña que representar graficamente a idea CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO, ACTÚO! visibilizando solucións e fuxindo dunha representación catastrófica do problema.

 

No D.O.G. do 18 de maio de 2022 publicouse a Orde do 29 de abril que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir material para o curso 2022 /23.

Como aspectos máis destacables desta orde pódense sinalar:

 • E-DIXGAL: O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto de educación dixital será excluido da participación no Fondo solidario de libros. No IES PEDREGAL DE IRIMIA  haberá EDIXGAL en toda a ESO polo que o alumnado non terá a axuda de Fondo libros. O IES PEDREGAL DE IRIMIA, ao marxe da convocatoria oficial de participación no fondo solidario de libros de texto convocado pola Consellería de Educación, repartirá entre o alumnado perceptor da axuda para adquirir material escolar os libros de texto que ten en existencias das materias que non entran en EDIXGAL.

 • AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: Pode solicitar ditas axudas (importe 50€):

a) O alumnado da ESO tutelado pola Xunta.

b) O alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65%. 

c) O alumnado pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.

 

        PRAZO DE SOLICITUDES: 19 de maio ao 22 de xuño de 2022.

 

Quinta mobilidade do Proxecto U.M.B.R.E.L.L.A. a Neringa, Lituania, do alumnado e profesoras do IES Pedregal de Irimia, xunto cos alumnos, alumnas e profesorado de Gran Canaria, Portugal, Rumanía, Croacia e os anfitrións de Lituania

O tema do proxecto ten que ver co cambio climático e as actividades deste encontro versaban sobre a influencia da deforestación no quecemento global. O alumnado debía presentar a porcentaxe de superficie verde que había en cinco zonas da vila ou cidade na que vivían. Logo durante 4 semanas en dúas zonas diferentes, unha con vexetación e outra con asfalto maioritariamente, debían facer medicións de temperatura e anotacións da biodiversidade atopada. Todos os países presentaban un video coa análise dos resultados e conclusións ás que chegaban.

Chegouse ao final dunha etapa que parecía inalcanzable nos primeiros cursos da vosa andaina educativa no IES Pedregal de Irimia.

A cerimonia de despedida foi un día de recordos, de agradecementos e de mirar ao futuro.

Estamos seguros de que os nosos alumnos e alumnas cumprirán todos os seus soños. Esta sempre será a súa casa! 

PREME NA IMAXE

O alumnado de Cultura Clásica de 3° da ESO elaborou algunhas mostras de cerámica grega. A finalidade era que todos e todas puideran comprobar de xeito lúdico as características básicas da arte grega nas súas distintas manifestacións que traballamos na clase. Así, nas imaxes (Preme sobre elas) podemos ver como algúns dos estudantes quixeron recrear cerámica con estilos xeométricos (s. IX-VII a.C) e, outros, figuras negras sobre o fondo vermello da arxila (s. VII-VI a.C). 

Primeiro, moldearon a arxila coa axuda de auga, dándolle forma coas mans. Despois de deixala secar uns días ao aire, pintárona con acrílico.

Moitas mostras de cerámica elaboradas teñen función decorativa, mais a maioría serven para conter líquidos, tal e cómo sucedía na Antigüidade grega.

 

Distribuir contido