Probas de Acceso a Grao Medio
A Xunta vén de abrir o prazo para a realización das probas de acceso a grao medio, en canto aos requisitos que se deben cumprir, destácanse entre outros:
- Idade: 17 anos ou cumprilos no ano natural da proba.
- Destinatarios: Persoas que non dispoñen de Título Graduado en ESO ou Título Profesional Básico.
- Datas inscrición: 7 ao 22 de marzo 2019
- Realización proba: 28 de maio de 2019
- Estrutura proba:
a) Parte sociolingüística:
Exames de módulos de ciclos formativos para alumnado que perdeu o dereito á avaliación continua.
Ciclo medio de Electromecánica de vehículos automóbiles:
Módulo: Sistemas auxiliares do motor: 21/03/2019 das 8:45 ás 11:15 horas (Teórico + práctico)
Módulo: Circuitos eléctricos auxiliares do vehículo: 26/03/2019 das 8:45 ás 11:15 horas (Teórico + práctico)
Excursión a Bueu
Excursión ao Museo Massó de Bueu
Ponte de san Xosé
O vindeiro luns 18 de marzo non haberá actividade docente no IES Pedra da Auga.
Substituímos así unha das festividades locais deste 2019 que caeu fóra do calendario escolar, tal e como marca a lei.
PROBAS DE ACCESO A CICLOS.
A dirección xeral de Formación Profesional ven de anunciar os prazos de inscripción para as probas de acceso a ciclos:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos
Deberán presentarse a estas probas aquelas persoas que sin posuir o título da ESO ou o 2º curso de B.U.P. pretendan matricularse en ciclos formativos de grao medio.
Deberán presentarse a estas probas aquelas persoas que sin posuir o título de Bacharelato, ou un título de técnico (grao medio) pretendan matricularse en estudios de ciclos formativos de grao superior.
Toda a información sobre esta convocatoria poderase consultar na web de referencia da F.P. da Xunta de Galicia.
Horario de nadal e comezo do 2º trimestre.
Hoxe rematou o primeiro trimestre.
O alumnado ten xa no seu poder os boletíns de notas.
No periodo non lectivo o centro permanecerá aberto, en horario de 10 a 13 horas os día 26, 27 e 28 de nadal e os días 3 e 4 de xaneiro.
As clases comezan no horario habitual o martes 8 de xaneiro.
Dende mañá volve a abrir a cafetería.
Unha vez resolto o concurso da cafetería do instituto, por parte da delegación de Educación de Pontevedra, por fin podemos anunciar que a partir de mañá disporemos novamente do servizo de cafetería.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- seguinte ›
- última »