Saltar navegación.
Inicio

Francés

Departamento de Francés

Profesorado do Departamento de Francés (curso 2024/2025)

Beatriz Freijido Vázquez (Xefa do Departamento)

       Titotrías: mércores de 12h45 a 13h35

Juan B. Martínez González (Secretario)

       Titotrías: xoves de 9h35 a 10h25

FESTIVAL DA FRANCOFONÍA

O pasado 7 de maio, o alumnado de 1.º, 2.º e 3.º da ESO participou no Certame da Francofonía, celebrado en Vilanova de Arousa. A nosa primeira participación neste certame, de longa historia e cuxa finalidade é congregar ao alumnado da materia de francés da comunidade, resultou ser todo un éxito tanto polo nivel de participación (uns 2.000 alumnos de 22 institutos) como pola experiencia que supón para os rapaces e rapazas.

O bo tempo permitiu que, ademais das actuacións do alumnado (no noso caso coas cancións "les Champs-Elysées" e "On écrit sur les murs"), puidésemos gozar de comida e paseo pola praia da vila ao finalizar o acto. Tambien puidemos realizar unha breve visita á Casa Museo Valle-Inclán, situada na vila (última foto).

Moitas grazas á organización por contar connosco.

 

Todos recinto Alumnado Pedra 

1ºESO 2º-3ºESO

Todos Valle Inclán

Taller de contacontos: "Conte avec moi"

O pasado xoves, 29 de febreiro, o noso alumnado de francés participou na actividade "Conte avec moi", na que puideron gozar e participar das narracións dos contos africanos de Samuel Mountoumnjou. 

 

 

 

 

Seguridade viaria en francés (La securité routière)

O alumnado de 2º ESO de francés (segunda lingua estranxeira) quere concienciar sobre a importancia da seguridade viaria, xa sexa como condutor, motorista, ciclista ou peón. É por iso que, usando toda a súa creatividade e orixinalidade, sentíronse publicistas por un día e crearon estes carteis sobre "securité routiêre" para chamar a nosa atención.

La Francophonie

O departamento de francés organizou un concurso de colaxes para o alumnado de 1º de ESO sobre o tema de “La Francophonie". Os alumnos e as alumnas realizaron traballos creativos sobre as cidades que forman parte da francofonía e aprenderon así que o francés está presente nos cinco continentes e conta con máis de 300 millóns de falantes.

As gañadoras foron Ahinara Domínguez Franco de 1º A e Anxa Ucha García de 1º B polos seus colaxes sobre Lausanne e Paris respectivamente.

Parabéns a todos e todas polo esforzo!

 

La Francophonie 23/24

Profesorado do Departamento de Francés - Curso 2023/2024

Beatriz Freijido Vázquez (Xefa do Departamento)

Titotrías: xoves de 12h45 a 13h35

Juan B Martínez González (Secretario)

Titotrías: martes de 11h55 a 12h45

Distribuir contido