Normalización Lingüistica
Concurso de poemas do Día de Rosalía
Dende aquí queremos darlle os parabéns a Soufiane Bouzagaoui por gañar o concurso de poemas do Día de Rosalía, organizado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Podedes lelo no blog da Biblioteca do centro: http://augateca.blogspot.com/2021/02/premio-un-poema-moi-rosaliano.html
Charla sobre a Calistenia
Instagram do Equipo de Normalización de Lingua Galega
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega xa conta con Instagram.
Son varias as alumnas de 4º ESO as que xestionarán esta rede social. Na seguinte imaxe, creada polo alumnado de FPB1, deixámosvos a conta. Seguídenos
Día contra a violencia de xénero
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega traballamos co alumnado da ESO e FPB do noso IES para loitar contra as violencias machistas. O alumnado mostrou a súa repulsa á violencia de xénero compoñendo haikus. No vídeo podedes ver o resultado.
MEMBROS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA 2019-2020
Os membros do equipo:
Araujo Iglesias, José Ángel.
Carreras Silvia, Paula.
Fírvida Martínez, Ana Isabel.
Lagares García, Belén (coordinadora).
Lestón Villar, Francisco.
Pastoriza Entenza, Rosario.
Ojea González, Marcos.
Silva Vázquez, Camilo.