Saltar navegación.
Inicio

TORNEO DE XADREZ IES BARRAL

O pasado 31 de maio, celebrouse na Praza do Mercado, o último torneo de xadrez do curso 2017-2018, organizado polo IES Barral.

Outra vez o noso equipo formado por Arón, Guille, Andrés P., Ángela, Juliana, Marcos E., Andrés E., Marcos R., Yeray, Luis, José Luis, Anxo, David Brais, Rubén e Antonio, pasaron unha gran mañá disfrutando co xadrez.

 

 

TORNEO XADREZ IES BARRAL, na praza do mercado on PhotoPeach

VISITA A FP INNOVA

O noso alumnado visitou a feira FP Innova 2018, onde os alumnos de 2º CM de Electricidade presentaba o seu proxecto.

 

VISITA A FP INNOVA 2018 on PhotoPeach

INTERCAMBIO ERASMUS +

Intercambio dentro do programa ERASMUS +, con alumnado irlandés, 5 alumnos de cada un dos Ies de Ponteareas, IES PEDRA DA AUGA, IES VAL DO TEA, IES BARRAL.

 

     ERASMUS +

VISITA A IMATXINA E NATURNOVA

O noso alumnado de 2º da ESO, visitou Imatxina, e disfrutou coas matemáticas.

Logo tamén tivemos tempo para a natureza e visitamos Naturnova.

 

VISITA A IMATXINA E NATURNOVA on PhotoPeach

TEATRO INGLÉS " SHAKESPEARE"

O noso alumnado de Inglés, asistiu a unha obra de Shakespeare, en Vigo.

 

TEATRO INGLÉS on PhotoPeach

STANDS DA III SEMANA DAS CIENCIAS

Un ano mais, e xa van 3, o IES PEDRA DA AUGA, participou nos stands da III Semana das ciencias de Ponteareas.

Este ano cunha gran representación, pois acudimos con stands de Tecnoloxía, ca estación meteorolóxica e a clepsidra, de Bioloxía, cos seus rastros e rastrexos, de física e química, e de matemáticas, con papiroflexia e xogos de inxenio.

Ademais, a presentación do xogo de Xabier Prado, "Once Torres".

Como sempre, foi un éxito, agradecer a tod@s a vosa colaboración.

Podedes ver mais cousas desta semana, na páxina do Concello:

 

http://sciencias.ponteareas.gal/

 

E aquí podedes ver alghunas fotos:

 

STANDS III SEMANA DAS CIENCIAS on PhotoPeach

VISITA AO MUSEO "CIENCIA EN MOVEMENTO" DENTRO DA III SEMANA DAS CIENCIAS

O noso alumnado de 4º da ESO, visitou o museo de "Ciencia e Movemento", dentro da programación das actividades da III Semana das Ciencias de Ponteareas.

 

 

Museo Ciencia en Movemento on PhotoPeach

PARTICIPACIÓN NO CONGRESO DE ALUMNADO DA III SEMANA DAS CIENCIAS DE PONTEAREAS

O pasado 12 de abril, os alumnos de 1º ESO B, Antía, Anxo, Arón, Candela, Davinia e Sebastián, acompañados pola súa profesora de bioloxía e tutora, Puri, presentaron o seu traballo " Está en perigo o nosa biodiversidade?", no I Congreso de alumnado, dentro da III Semana das Ciencias, que se celebrou no IES Val do Tea.

Noraboa polo seu traballo.

 

 

CONGRESO III SEMANA DAS CIENCIAS on PhotoPeach

VISITA DE RAMÓN CARIDE

O pasado día 5 de marzo, o escritor Ramón Caride estivo de visita no IES PEDRA DA AUGA, para comentar co alumnado de 1º e 3º da ESO os libros que leron, exogamia, endogamia e o camiño da estadea.

 

 

Visita de Ramón Caride on PhotoPeach

FP INNOVA 2018

O 25, 26 e 27 de abril celebrouse en Santiago de Compostela na Cidade da Cultura o Congreso de Innovación da Formación Profesional, FP INNOVA 2018, onde estivo presente o Departamento de Electricidade do IES Pedra da Auga co proxecto de innovación dunha vivenda domótica impresa en 3D, automatizada con arduinos e controlando o alumeado e calefacción dende móvil ou tablet.

Distribuir contido