Skip to Content

SAÍDA A BANDE E CELANOVA

O día 23 de outubro o grupo de 4º de ESO, 1º Bac e 2º Bac saímos cara a Bande e alí fomos ver o xacemento arqueolóxico Aquis Querquennis. Flipamos co Campamento Militar Romano (CASTRA) e contorna e coa visita ao centro de interpretación. Demos un paseo ata as Termas e a MANSIO (unha hospedería), situados na vía XVIII ou Via Nova que une Bracara Augusta (Braga) con Austurica Augusta (Astorga).

Nesa mesma mañá visitamos a igrexa de Santa Comba de discutible e cuestionable orixe visigoda. Unha marabilla imprescindible na visita a Bande.

Pola tardiña, despois de xantar, xa en Celanova, visitamos o claustro do Monasterio de San Salvador e a Casa Museo de Manuel Curros Enríquez (mais ben é a casa do seu pai, José María de Curros Vázquez).

O Magosto 2019

Este ano a celebración do Magosto fíxose esperar porque a chuvia non nos daba un descanso. Aínda así, logramos facernos cunhas castañas comestibles que nos alegraron a mañá. O noso castañeiro particular, o profesor Calía, ocupouse da elaboración mentres a rapazada do centro participaba na celebración das cucañas.

 

Para conseguir gañar os dous premios do Concurso de cucañas o alumnado, dividido en grupos mixtos de 5 persoas, debía de superar no mínimo tempo posible 11 probas. Os desafíos que se lle propuxeron eran do máis variado: dicir un trabalinguas cun polvorón na boca, elaborar un rap, subir por parellas a escaleira central aguantando unha pataca na fronte, resolver enigmas... Ademais, a xornada foi amenizada polas cantareiras que temos no IES. En definitiva, pasamos unha mañá agradable e divertida.

O Que Arde

 

Hoje, 28 de novembro de 2019, fomos ver "O Que Arde" com 50 alunos/as das Neves.

Elxs adoraram mas muitxs ficaron tristes porque lembravam o acontecido há 3 anos. Talvez a educação sirva para alguma coisa e o monte entre na escola e com um futuro melhor para todxs. A lingua comprometida com o nosso ambiente.

Esta actividade foi promovida pela vice-direção, o Dep. de Lingua Galega, Biblioteca e  EDLG.

20N Día Internacional da memoria TRANS


O mércores 20 de novembro celebramos no IES o Día Internacional da memoria Trans dedicado a aquelas persoas que foron asasinadas ou vítimas de abuso físico ou psicolóxico só pola súa identidade.

Obradoiro de percusión Afrobahiana

 Corenta alumnos/as dende 1º da ESO ata 2º de BACHARELATO asistiron o pasado luns 11 de Novembro ao auditorio de As Neves para participar nun Obradoiro de Percusión impartido polo percusionista e actor Xurxo Troncoso.


En relación coa recoñecida música do Samba Enredo do Carnaval de Río de Xaneiro,  neste Obradoiro tratamos un fenómeno musical distinto: con entidade propia e cunhas dimensións e excelencias tan ricas ou máis ca Carioca do Río de Xaneiro: A PERCUSIÓN AFROBAHIANA .

EXPOSICIÓN “REIXAS. MULLERES BAIXO O TERROR FRANQUISTA”

 Na semana do luns 11 ao venres 15 deste mes de novembro temos no noso Instituto, en Usos Múltiples, a exposición “Reixas. Mulleres baixo o terror franquista”. Son seis paneis dobres que recollen, a través de 78 fotografías e a historia de 172 mulleres, as terribles consecuencias do Golpe de Estado franquista do 36 sobre as mulleres na provincia de Pontevedra. A exposición está artellada a partir de tres grandes eixes: contextualización histórica (os logros da II República), represión en todas as modalidades da ditadura franquista contra as mulleres, e recoñecemento do labor solidario e resistente das mulleres.

Distribuir contido


by Dr. Radut