Skip to Content

SORRISOS TRANSFORMADORES

Desde 9 de febreiro até o 22 acollemos no centro a exposición “Sorrisos TRANSformadores”, unha iniciativa da Diputación de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Familias de Menores Trans* de Galicia (ARELAS) e que conta coas fotografías de Noemí Chantada. Este proxecto trata de prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e as identidades de xénero.

Para complementar a exposición contamos cunha charla moi interesante de Cristina Palacios, presidenta de ARELAS. A presentación do acto correo a cargo do alcalde e o tenente de alcalde das Neves, a deputada provincial Ana Laura e o director do noso IES.

XXII ENCONTRO INTERNACIONAL DE JOVENS CIENTISTAS DAS ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

Lara Alvarez Míguez e Lorena Alonso González , alumnas de 1º de Bacharelato, participaron neste Encontro que tivo lugar  na Escola secundaria de Sá da Bandeira, en Santarem ( Portugal) do 8 ao 11 de xaneiro que tiña por lema : A desertificación, o gran desafío para os mozos.


As nosas alumnas traballaron na aula de Física e Química este tema no marco dos ODS e da Axenda 2030 e prepararon presentación en inglés sobre as consecuencias do cambio climático e a desertificación.

 

A DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL

Esta semana estiveron no centro Ana Ojea, profesora do IES Politécnico de Vigo e a única titora LGBTIQ+ de Galicia acompañada polo grupo de apoio ao alumnado "Apóiate", entre as que se atopaba unha antiga alumna do noso instituto.

Na charla faláronnos do proxecto que levan a cabo no seu centro para apoiar e crear un entorno seguro e afectuoso para a rapazada do colectivo lgbtiq+.

A formación e a visibilización son verdadeiramente importantes para non excluír e aprender a aceptar diferentes modelos de vivir e de sentir.

 

CHARLA DE MARÍA SOLAR

O pasado luns 16 de decembro , alumnado de 3º ESO e do club de lectura, participamos nunha charla de escritora María Solar, autora do libro “Os nenos da varíola”.

Tivo lugar no IES Luís Seoane de Pontevedra e acudimos 5 centros de ensino.

Esta actividade foi organizada polas Escolas UNESCO, O club de lectura e o departamento de Lingua galega para homenaxear a figura de Isabel Zendal considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.

As Escolas UNESCO de Galicia imos adicarlle o día da Paz o próximo 30 de xaneiro.

O MONTE NACE NA ESCOLA DECEMBRO 2019

Continuando co traballo de IES de concienciar ao alumnado da importancia de coidar o monte  esta semana saímos a plantar bidueiros. A tarefa non só nos serve para traballar a concienciación medioambiental senón tamén para ir coñecendo a flora da nosa contorna.

A bidueira, bidueiro ou bido (Betula pubescens) é unha árbore da familia das betuláceas que medra nas zonas húmidas.

SEMANA DO 25N

ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As inquietantes cifras de asasinatos de mulleres son o dato máis visible dunha lacra social que cómpre erradicar. Non obstante, amais das mortes hai tamén outras violencias, máis ou menos visibles, que 

debemos aprender a identificar para podelas afastar das nosas vidas. Por iso, este ano decidimos  dedicar unha semana a concienciar á rapazada no rexeitamento de calquera conduta de maltrato, entendendo por isto o oposto ao “bo trato”, ao trato igualitario entre mulleres e homes. 

O lema arredor do que pivotou a semana e que nos serviu de marco para o Manifesto así como para os autocolantes que repartimos por todo o instituto foi: Sobran mortes e faltan condenas!

Distribuir contido


by Dr. Radut