Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD)

SAÍDA A URBAN PLANET E XOGOS DEPORTIVOS CO ALUMNADO DE 1º ESO. XUÑO 2024.

O alumnado de 1º ESO foi o martes 18 de xuño a celebrar o final do curso a Urban Planet en Oleiros. O alumnado de 1º B non tivo que pagar a actividade como agasallo por ter a súa aula mais limpa durante todo o curso (Esta actividade foi organizada polo Equipo de Convivencia. Grazas María Varela!!!!)

Despois de pasar a mañá brincando, foron a comer ata Santa Cruz e pasaron a tarde xogando ao voleibol, baloncesto, fútbol...na pista cuberta de Meixonfrío.

Foi un día moi divertivo na que todos e todas chegaron a casa cansos e felices!!!

RECREOS ACTIVOS

Este curso 2023-2024, o alumnado do IES ramón Otero Pedrayo tivo unha gran participación nos Recreos Activos. Estos organizáronse da seguinte maneira: 

PAVILLÓN: LUNS E VENRES- FÚTBOL (LUNS-3º E 4º, VENRES- 1º E 2º)

                 MARTES E XOVES- BALONCESTO (MARTES LIGA DE EQUIPOS )

                 MÉRCORES- VOLEIBOL E BÁDMINTON.

PISTAS EXTERIORES: LUNS E VENRES- FÚTBOL E BALONCESTO.

                                MARTES E XOVES- PETANCA

AULA DE USOS MÚLTIPLES: LUNS- BAILE.

Cada curso, iremos incrementando as actividades segundo a demanda do alumnado e disponibilidade do profesorado.

OBRADOIRO DE BAILE TRADICIONAL. 24 MAIO 2024

O venres 24 de maio, o alumnado de 1º ESO participou nun obradoiro de baile tradicional galego impartido pola Asociación Cultural  Donaire. A profesora, Bea e as súas "axudantas" de 4º ESO, Carmela e Paula, quedaron encantadas co nivel acadado polo alumnado!!

APRENDENDO RCP BÁSICA. MAIO 2024.

O alumnado de 2º, 3º e 4º do IES aprenderon durante o mes de maio maniobras básicas de RCP. O material utilizado para a aprendizaxe foi prestado polo Centro de Formación e Recursos de A Coruña e o curso foi impartido polo profesorado de Educación Física habilitado para ello. O alumnado adquiriu coñecementos que poden ser vitais en situacións de emerxencia.

CAMPIONATO PROVINCIAL ORIENTACIÓN. 24 ABRIL 2024.

O mércores 24 de abril o alumnado de 4º ESO participou no Campionato Provincial de Orientación en Porto do Son. O equipo de cadete femnino quedaron de segundas e individualmente Alba González quedou de 2ª, África Vieites de 4ª e o resto de compañeiros e compañeiras moi boas posicións. Parabéns a todos e todas!!!

VISITA SOGAMA E ANDAINA NO XARDÍN BOTÁNICO DE CERCEDA. 17 ABRIL 2024.

O alumnado de 1º ESO visitou as instalacións de SOGAMA e o Xardín botánico de Cerceda, donde fixeron unha andaina a carón do río Cabancos. Logo, xogaron e descubriron  a maxia do Xardín Botánico.

SEMANA DE XOGOS TRADICIONAIS. Alumnado de 3º e 4º ESO. MARZO 2024.

Alumnado de 3º e 4º de Proxecto Competencial descubriron os xogos tradicionais galegos durante a semana do 11 ao 19 de marzo grazas ao material prestado polo Servizo de Deportes de A Coruña e o do propio do instituto. Xogaron a Rá, Petanca, Chave, Bolos Celtas...disfrutando das xornadas e do bo ambiente.

II TORNEO INTERCENTROS RUGBY CINTA. 2º ESO. MARZO 2024.

76 alumnos e alumnas de 2º ESO acudiron a Acea de Ama participar no II encontro intercentros de Rugby. Foi unha xornada moi divertida donde reinou o compañeirismo e o bo ambente.

Andaina e recollida de lixo en santa Cruz do alumnado de 1º ESO en febreiro 2024.

O mércores 28 de febreiro  74 alumnos e alumnas de 1º ESO  foron a Santa Cruz (Oleiros) a facer unha limpeza da praia enfrente do Castelo e tamén unha andaina ata a praia de Bastiagueiro polo parque das 13 rosas. O alumnado recolleu 60 kilos de lixo de todo tipo, principalmente plásticos.

Taller de Fútbol Gaélico para os cursos de 1º,2º e 3º ESO en xaneiro 2024.

Dende o 23 ao 29 de xaneiro, adestradores de Fútbol Gaélico da equipa de Fillos de Breogán da Coruña, ensinaron ao alumnado de 1º,2º e 3º ESO os conceptos básicos e regulamento deste deporte tan descoñecido aquí e tan popular en Irlanda. O alumnado do IES participou e adestrou, xogando o derradeiro día un pequeno partido.

Distribuir contido