IES Ramón Otero Pedrayo - A Coruña |
|
NavegaciónIniciar sesión |
Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD)XORNADA DEPORTIVA - CLAUSURA DE FIN DE CURSOEnviado por Anónimo o Mér, 22/06/2022 - 17:41Ultimo día de clase, no que o Departamento de Educación Física, en colaboración con máis profesorado, organizamos actividades deportivas con todos os grupos ó longo da mañá. Grazas a que a choiva nos respetou puidemos aproveitar todos os espazos dispoñibles. As actividades foron:
O profesorado esperamos que desfutásedes da xornada festiva e tamén que vos quedase clara a finalidade deste proxecto: valorar a gran importancia de manter unha vida activa e deportiva e manter lonxe os hábitos nocivos. ¡Pasade moi bo verán!
ORIENTACIÓN DEPORTIVA E KAYAK – 4º ESOEnviado por Anónimo o Mér, 22/06/2022 - 17:25Os grupos de 4ºESO puxemos punto e final ás actividades extraescolares de Educación Física deste curso. Onte estivemos toda a xornada na contorna de Betanzos. Fixemos unha carreira de orientación deportiva, tiro con arco e kayak dende Caneiros ata a Praia do Pedrido, pasando polo pobo de Betanzos. Pasámolo moi ben e tivemos moita sorte co tempo. Agora, con algo de pena e máis bos recordos que malos, despedímonos do instituto. Algúns imos facer Bacharelato a outro centro e outros iremos a Ciclos Formativos, pero se cadra intentaremos facervos algunha visita. ¡Grazas por todo!
RECREOS ACTIVOS – FIN DAS COMPETICIÓNSEnviado por Anónimo o Mér, 22/06/2022 - 17:20
Como xa sabedes, dende que comezou o curso estase animando ao alumnado do centro a aproveitar o seu tempo de recreo facendo actividades deportivas. O formato competición leva funcionando medio curso e este último mes de clases celebráronse as finais con público engadido, ¡moi emocionante!
Como colofón, o equipo gañador do torneo de floorball xogou un partido contra un equipo formado polo profesorado. Non é de extranar que gañara o equipo de rapaces/as, ¡duro rival!, pero o profesorado soubo estar á altura. A continuación amosamos imaxes das distintas competicións e do mencionado partido, máis a entrega de premios.
AS POSIBILIDADES DAS APP MÓBILES EN ACTIVIDADES NO MEDIO NATURALEnviado por Anónimo o Mér, 22/06/2022 - 17:12Nestes últimos días de clase entre a 3ª avaliación e o final de curso, o grupo de 4ºA fixemos unha saída para aprender a usar Wikiloc. Estivemos no parque de Eirís, San Diego e rematamos na Praia de Oza. Pasamos bastante calor pero agradecimos moitísimo un cambio de aires saíndo do instituto! Agora, como xa lle prometemos á profesora Vanesa, aplicaremos o aprendido durante o verán, animándonos a facer saídas de sendeirismo e bici.
SURF - 3ºESOEnviado por Anónimo o Lun, 23/05/2022 - 13:43Esta vez tocounos a 3ºESO ir o pasado venres a Bastiagueiro a facer surf, xa que non o puidemos facer o curso anterior por mor da covid. Acompañáronnos os profesores David (Xeografía e Historia) e Jose Carlos e Vanesa (Educación Física). Son do Mar Surf School (https://sondomar.org/) foron tamén quen nos ensinaron: o material necesario, cómo observar o mar, as correntes, as olas, cómo remar, cómo pasar olas por debaixo e por suposto cómo surfealas. A maiores fixemos unha ruta de sendeirismo polos arredores e pasamos tempo de lecer na praia. Foi unha mañá de 10!
1ºs AUXILIOS – TALLER RCPEnviado por Anónimo o Ven, 20/05/2022 - 14:00Onte viñero ao instituto 5 médicos residentes do CHUAC a ensinarnos primeiros auxilios a tódolos grupos de 1ºESO. Aprendemos cousas tan importantes como:
Cremos que realmente toda a poboación debería ter estes coñecementos básicos, poderíamos salvar vidas! Así que moitísimas grazas a Ana Dapena, Manuel Fernández, Adrián Rosende, Noemí Vázquez e Jacobo Vieites por vir a ensinárnolo!!
SURF - 2ºESOEnviado por Anónimo o Mér, 18/05/2022 - 17:18
O venres pasado, antes da ponte das Letras Galegas, todos os grupos de 2ºESO fomos a Bastiagueiro a facer surf, acompañados dos profesores Pedro (matemáticas) e Jose Carlos, Vanesa e Alba (Educación Física). Son do Mar Surf School (https://sondomar.org/) foron quen nos ensinaron cómo iniciarnos neste deporte que moitos/as non pensamos que nos fose gustar tanto! Ademáis, tivemos moi bo día de sol e tamén puidemos facer unha pequena ruta de sendeirismo por toda a costa ata Santa Cruz e tamén xogar a fútbol e voleibol na praia. Queremos repetir!
Concurso "Mejor periodista infantil y juvenil"Enviado por Anónimo o Xov, 12/05/2022 - 10:12Varios alumnos/as de 2ºESO participamos no concurso “Mejor periodista intantil y juvenil” edición 2022 facendo entrevistas a varias deportistas galegas destacadas. Non gañamos premio pero quedamos moi satisfeitos do resultado! Ensinámosvos algunhas delas, que fixemos ás seguintes campioas:
Información sobre on concurso: https://www.prensaescuela.es/la-voz-y-viaqua-convocan-el-concurso-mejor-periodista-infantil-y-juvenil/ OS BOS HÁBITOS DENDE A INTERDISCIPLINARIEDADEEnviado por Anónimo o Lun, 25/04/2022 - 17:55A compañeira de Pedagoxía Terapéutica, Patricia Cinza, está a traballar co alumnado sobre os hábitos saudables, cos que ao mesmo tempo aproveita para repasar contidos das materias de Bioloxía e Xeoloxía, Lingua Castelá, Lingua Galega e Matemáticas, mediante tarefas como os Genially, aquí está o enlace a un deles e algunhas imaxes a modo de exemplo: https://view.genial.ly/623ef5c026682e0018f73c1f/interactive-content-habitos-saudables
¡Sempre é un bo momento para recordar a gran importancia da actividade diaria e o coidado persoal para a saúde!
|
Eventos
|