Excursión á Illa de Arousa co alumnado de 4º ESO

Hai 2 anos, cando esta rapazada estaba cursando Paisaxe e Sustantibilidade en 2º ESO, tiñamos organizada unha excursión de 2 días a Porto como parte dun programa chamado Proxecto Terra, pero a pandemia da COVID - 19 chamou á nosa porta e tivemos que adiala.

Ao ano seguinte intentamos outra excursión á Costa da Morte, pero tampouco puido ser; así que, ano e medio despois, cando a pandemia parece amainar e podemos de novo desenvolver algunhas actividades extraescolares no IES Nº 1, por fin conseguimos gozar dun paseo polo Parque Natural de Carreirón, na Illa de Arousa. Un día fantástico cuns rapaces encantadores que souberon agardar pacientemente.

Velaquí as imaxes destes mozos e mozas que ben mereceron, cando menos, este pequeno desagravio. Oxalá de aquí en adiante poidamos recuperar a normalidade e organizar moitas saídas máis!

 

21-22 excursión Illa de Arousa - 4º