O centro
Familias
Iniciar sesión
ANPA
REUNIÓN 9 XULLO, DIRECCIÓN - ANPA - CONCELLO
anpa — Xov, 2020-07-09 17:56
Dada a importancia da situación que estamos a vivir e a implicación do equipo directivo do IES, hoxe fomos convocados a unha reunión, xunto ao persoal do Concello, para transmitirnos a súa preocupación de cara a afrontar o vindeiro curso, 2020-2021, e intentar propoñer unhas pautas de actuación.
Pois setembro está aí e en Galicia non se dispón de ningún protocolo de actuación da “nova normalidade” no ámbito educativo.
Sí, destacar que nos lembraron, que en condicións normais, o IES está a levar unha tarefa maxistral, pois conta con 6 mestr@s menos dos que lle corresponden por lei, para garantir unha atención axeitada das nosas fillas e fillos; entón cómo se pode plantexar a división de agrupamentos si xa o persoal era insuficiente.
Todos xuntos, como Comunidade Educativa, debemos loitar polos dereitos que nos corresponden en beneficio do noso alumnado e solicitar o que nos pertence, queremos un ensino público con persoal capacitado e con tempo para demostrar a súa valía.
E algo que se nos solicita ás FAMILIAS, dende xa, para poder estar informados do que vai sucedendo ao longo do verán, qué medidas se van propoñendo, que coñezamos como se vai prantexar o novo curso,…. é:
QUE INSTALEMOS A APLICACIÓN “ABALARMÓBIL”
É o xeito máis rápido e doado de ter a información dende o minuto en que se publica, sin necesidade de estar nós pendentes, pois cada vez que hai unha nova nos chega un aviso; logo, SÍ, é responsabilidade nosa lela e levar a práctica o que se nos solicita como persoas implicadas. Neste caso concreto que estamos a vivir, intentar garantir a saúde dos nosos fillos e fillas e a de todas as persoas coas que se relacionan ao longo do día, familiares, compañeiros e compañeiras.
COÑECE O IES DE MOS
anpa — Ven, 2020-06-26 11:26
DENDE A ANPA INVITÁMOSTE A COÑECER UNHAS PINCELADAS DO NOSO IES E DA NOSA TAREFA COMO MEMBROS DESTA COMUNIDADE EDUCATIVA DA QUE TAN ORGULLOSOS NOS SENTIMOS DE FORMAR PARTE.
ANIMÁMOSTE A PARTICIPAR NESTA EXPERIENCIA.
Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |