O centro
Familias
Iniciar sesión
FELICES FESTAS
Anónimo — Ven, 2018-12-21 11:05
HORARIO PARA O DÍA 21 DE DECEMBRO
Anónimo — Dom, 2018-12-16 14:01
O alumnado acudirá ao centro de 11:00 - 12:30 h.
Os autobuses comezarán as rutas ao redor das 10:30 h.
DIRECCIÓN
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
Anónimo — Lun, 2018-11-12 13:31
INFORMACIÓN RELATIVA ÁS ELECCIÓN AO CONSELLO ESCOLAR
SUSPENSIÓN DAS CLASES NA TARDE DO 24 DE SETEMBRO E SUSPENSIÓN DA ENTREGA DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO
Anónimo — Lun, 2018-09-24 11:00
Dende a Dirección do IES de Mos, querémoslle informar do falecemento da xefa de estudos deste centro, Mª Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda. A Dirección únese á dor da familia e amigos, e decidiu suspender as clases na tarde de hoxe, luns 24 de setembro, para que todos aqueles membros da comunidade educativa que o estimen oportuno poidan asistir ó acto cívico-literario que terá lugar hoxe, luns 24, ás 18:00 horas no Tanatorio de Pereiró, Vigo.
Por este motivo, cancélase a entrega dos libros do fondo solidario pois o Instituto vai estar pechado. Entregamos ao alumnado beneficiario unha circular cos pasos a seguir.
Mos a 24 de setembro de 2018
Sempre na nosa memoria, Victoria
Anónimo — Lun, 2018-09-24 09:45
Negra sombra
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Rosalía de Castro
Follas Novas, 1880
RECOLLIDA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO
Anónimo — Xov, 2018-09-20 10:23
Segundo o artigo 22 da Orde do 9 de maio de 2018 que regula a participación no fondo solidario (DOG 21 de maio de 2018), son as persoas solicitantes as que teñen que recoller os libros e asinar o documento de entrega xerado a través da aplicación informática Fondolibros.
Os libros recolleranse no centro no "Salón de actos", o luns día 24 no seguintes horario:
-
1º e 2º de ESO de 15:00 a 16:45
-
3º e 4º de ESO de 16:45 a 18:00
En caso de non pode asistir, poderán autorizar a unha persoa para recoller dito documento para que a persoa solicitante o asine.
Unha vez entregado este documento asinado polo solicitante, procederase á entrega dos libros á persoa autorizada por éste. Neste enlace poden descargar o modelo de autorización. MODELO.
Poderán recollerse a maioría dos libros. O centro ten que mercar algúns que non se poderán entregar ata que cheguen da librería. Avisarase ao alumnado no momento en que estean dispoñibles.
LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS 2018/2019
Anónimo — Ven, 2018-09-14 13:22
Os vales para a adquisición de material correspondentes a setembro poderanse recoller a partir do día 17 de setembro.
NOVIDADE IMPORTANTE: ESTE CURSO SERÁN AS PERSOAS SOLICITANTES AS QUE DEBERÁN ACUDIR AO INSTITUTO A RECOLLER OS LIBROS DO FONDO.
O DÍA SERÁ O LUNS 24 DE SETEMBRO. O PRÓXIMO XOVES 20 DE SETEMBRO PUBLICAREMOS O HORARIO E LUGAR DE RECOLLIDA NA PÁXINA WEB DO INSTITUTO E TAMÉN SE LLE COMUNICARÁ AO ALUMNADO.
COMEZO DO CURSO 2018-2019
Anónimo — Mar, 2018-09-11 10:38
HORARIO DE PRESENTACIÓN
LUNS 17 DE SETEMBRO DE 2018
O alumnado será recibido no IES de Mos e será conducido polas súas titoras e titores ás correspondentes aulas, para levar a cabo a presentación do curso.
ORGANIZACIÓN:
12:00 - 13:00. Presentación de 1º e 2º de ESO.
*O alumnado de 1º ESO entrará pola porta principal e o alumnado de 2º ESO entrará pola porta traseira.
12:15 - 13:00. Presentación de 3º ESO, 4º ESO, 1º E 2º DE BACHARELATO
*O alumnado de 3º ESO e 1º bacharelato entrará pola porta principal e o alumnado de 4º ESO e 2º de bacharelato entrará pola porta traseira.
Haberá servizo de autobuses para o alumnado, que comezará as 11:20 h. A hora de saída será as 13:00 h.
O luns 17 de setembro non haberá clase pola tarde.
Lembramos que as clases a partir do martes 18 de setembro comezarán co seu horario normal.
ALUMNADO ADMITIDO NA SECCIÓN BILINGÜE E ALUMNADO RESERVA CURSO 2018/2019
Anónimo — Mar, 2018-09-04 13:16
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- …
- seguinte ›
- última »
Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |