O centro
Familias
Iniciar sesión
Matrícula de setembro
Anónimo — Xov, 2021-09-02 09:40
As notas publicaranse por ABALAR:
1º Bacharelato o día 2 de setembro ás 21:00
ESO o día 3 de setembro ás 19:00
As posibles reclamacións:
1º Bacharelato venres 3 e luns 6 de setembro de 10:00 a 13:00
ESO luns 6 e martes 7 de setembro de 10:00 a 13:00
Para matricularse:
2º Bacharelato a data de matrícula será o día 3 de setembro de 10:00 a 13:00
ESO a data de matrícula será o día 6 de setembro:
- 09:00 a 10:00 1º Bacharelato
- 10:00 a 11:00 3º ESO
- 11:00 a 12:00 4º ESO
- 12:00 a 13:00 1º e 2º ESO
transporte escolar para bacharelato
Anónimo — Mér, 2021-09-01 09:00
O transporte escolar para bacharelato da Xunta dependerá das vacantes que haxa nas liñas despois de meter ao alumnado da ESO.
Pero, o Concello creará unha liña de autobús. Haberá que cubrir a solicitude e entragala no IES (a Azucena) que llas fará chegar ao Concello de Mos.
As liñas que hai vixentes son as da documentación adxunta, pero se houbese algunha outra parada poderá solicitarse e entrará en estudo.
Moitas grazas e Feliz curso 21-22!!
A nosa gañadora: Elisa Posada González
Anónimo — Xov, 2021-07-29 07:57
No certame para elixir a máscara oficial de La Vuelta a gañadora foi a nosa alumna Elisa Posada González:
Axuda material escolar
Anónimo — Ven, 2021-07-09 09:14
Dende hoxe estarán publicadas no interior do IES de Mos (na entrada principal) as listaxes cos vales de material escolar concedidos pola xunta.
Lembrade que os rapaces que teñan materias para setembro (e teñan libros) saen rexeitados por ese motivo e ata setembro non se resolverá.
Os vales para a axuda do material escolar poderán recollerse na conserxería dende o día 12 de xullo ata o día 28 de xullo en horario de 10:00 ata ás 13:00
Se a persoa solicitante non pode vir recoller o vale, pode delegar noutra persoa pero esa persoa terá que: ser maior de idade, traer unha autorización da persoa solicitante e a fotocopia do DNI do solicitante.
Un saúdo
Listaxe libros de texto para o curso 21-22
Anónimo — Ven, 2021-07-02 09:20
Ver listaxe de libros de texto para o curso 21-22 aquí
Sobre o libro de cultura clásica de 4º da ESO, haberá que esperar a setembro para que o profesor indique se hai que mercalo ou non. (Sentimos as molestias)
Actos de graduación de 4º ESO e 2º Bacharelato
Anónimo — Mér, 2021-06-23 09:47
O noso agradecemento a Todos e Todas. Especialmente a: Concello de Mos, ANPA do IES de Mos, Claustro
As nosas felicitacións ao noso alumnado:
De 4º da ESO
E de 2º de Bacharelato
FIN DE CURSO 20 - 21: INFORMACIÓN IMPORTANTE.
Anónimo — Mér, 2021-06-16 09:41
FIN DE CURSO 20 - 21:
ENTREGA DE NOTAS
· A ENTREGA DE BOLETÍNS DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO TERÁ LUGAR O XOVES 24 DE XUÑO AS 10:00 HORAS.
· O HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS/ALUMNADO DE 2º BACH POR PARTE DO PROFESORADO SERÁ O XOVES 24 E VENRES 25 DE XUÑO DE 10:00 A 13:00 HORAS
· A ENTREGA DE BOLETÍNS DO ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO E TODOS OS CURSOS DA ESO TERÁ LUGAR O LUNS 28 DE XUÑO NO SEGUINTE HORARIO (NON HAI SERVIZO DE BUS):
1º BACHARELATO: 10:00 HORAS
4º ESO: 10:30 HORAS
3º ESO: 11:00 HORAS
2º ESO: 11:30 HORAS
1º ESO: 12: 00 HORAS
· O HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS POR PARTE DO PROFESORADO SERÁ O LUNS 28 E O MARTES 29 DE XUÑO DE 10:00 A 13:00 HORAS
ENTREGA DE LIBROS PARA SETEMBRO
· O alumnado da ESO con fondo libros que teña materias pendentes para a convocatoria de setembro poderá acudir ao centro a recoller os libros desas materias a semana do 28 de xuño ao 2 de xullo en horario de 9:00 a 12:00 horas.
INSTRUCIÓNS E CALENDARIO DE MATRÍCULA CURSO 21-22
· Nesta ligazón están as instrucións e o calendario de matrícula para o vindeiro curso académico.
Prégase a súa lectura atenta.
Xornadas multiaventura do Concello de Mos
Anónimo — Ven, 2021-06-11 07:38
Dende o Concello propoñen participar nas Xornadas multiaventura deste verán
As inscricións poderán descargalas da páxina web ou recollelas na Omix ou no Rexistro.
Solicitude do fondo solidario de libros de texto
Anónimo — Lun, 2021-05-24 11:44
O 20 de maio publicouse no DOG a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto (que non nos afecta por ter concedido o Edixgal en toda a ESO) e material escolar (que sí se pode pedir).
O prazo para facer a solicitu remata o 22 de xuño
A estrutura para solicitalo é a seguinte (clic aquí ou na imaxe para ver o esquema en grande):
URXENTE:
Anónimo — Dom, 2021-05-23 20:16
23/05/21
22:20:14
Estimadas familias: Acabo de recibir unha comunicación do SERGAS no que se nos comunica que non procede o peche do centro. Solicítannos que especifiquemos os grupos que non deberán acudir mañá ao instituto. Estamos organizando a información dos casos activos para poder decidir e informar cales son os cursos que non poderán vir ao centro. En canto teñamos a listaxe, publicarémola. Desculpen as molestias que lles ocasiona esta situación.
Os grupos que non poderán asistir ao centro son:
1ºBacharelato – A,
3º ESO-A,
3º ESO-B
O alumnado dos cursos de 2º de Bacharelato non deberá tampouco asistir ao centro. Agás para formalizar a matrícula das ABAU.
Xurxo Collazo Saavedra.
Director do IES de Mos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »
Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |