O centro
Familias
Iniciar sesión
Torneo de Debate Académico de Galicia da Fundación Barrié
admin — Xov, 2024-02-22 17:07
Sete alumnos de primeiro de bacharelato constitúen o equipo de debate académico do IES de Mos: Alba Alonso Sotelo, Sofía Bugarín Riobó, Tania Diéguez Docampo, Roi García Lorenzo, Antón González Piñeiro, Shaila Pintos Lorenzo e Alba Sotelo Feijoo. O pasado 31 de xaneiro representaron ao noso centro no Torneo de Debate Académico de Galicia da Fundación Barrié gañando os tres primeiros debates e unha nova afección, a Oratoria. Como dixeron as nosas xuízas, tedes un talento innato para a dialéctica, así que NORABOA! Agardamos que o compromiso, a curiosidade e a paixón polo coñecemento vos acompañen sempre.
Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |