Fondo solidario de libros de texto e convocatoria de axudas

O pasado luns 16 de maio publicouse a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar (DOG do 16 de maio coa convocatoria).

 

O prazo para pedir as axudas remata o 23 de xuño!

 

Toda a información na web da XUNTA

Rafting no Miño

O xoves 12 de maio o alumnado de 3º da ESO achegouse a Arbo para descender un tramo do río Miño facendo rafting. Os alumnos puideron gozar dunha actividade no medio natural na que puxeron en práctica o traballo en equipo e fixeron deporte dunha forma divertida e diferente.

 

Galería de imaxes

 

Saída a Santiago de Compostela

O alumnado de 1º a 4º da ESO de Relixión desprazouse ata Santiago para visitar a catedral, o museo das peregrinacións e facer un percorrido polo casco histórico da cidade.

 

A pesar da choiva atrevéronse a subir ás cubertas e gozaron dunhas impresionantes vistas da cidade.

 

 

Galería de imaxes

Prematrícula Curso 2016/17 - Información

Podedes consultar a seguinte información por curso:

a) Impreso de prematrícula: todas as materias a escoller. Enlace en PDF.

b) Información facilitada polos departamentos sobre determinadas  materias. Enlace a cada unha delas.

 

1º ESO

Impreso prematrícula 1º ESO (PDF)



 

2º ESO

Impreso prematrícula 2º ESO (PDF)

OptatividadeFrancés


 

3º ESO

Impreso prematrícula 3º ESO (PDF)

Materias específicas:     Cultura clásica      Francés      


 

4º ESO

Impreso prematrícula 4º ESO (PDF)

Troncais de opción (académicas):   Economía   Latín

Troncais de opción (aplicadas): Iniciacion á Actividade Emprendedora e Empresarial       Tecnoloxía

Específicas:        Cultura clásica     Francés     


 
1º BAC

Impreso prematrícula 1º BACH

Troncais de opción:   Bioloxía e Xeoloxía    Economía   Grego    Latín    Literatura universal

Específicas:  Debuxo Artístico I    Francés        Linguaxe e Práctica Musical         Volume

Libre configuración: Emprendemento e Orientación Profesional


 
2º BAC

Impreso prematrícula 2º BACH

Troncais de opción:  Bioloxía       Economía da empresa   Grego        Latín  

 

Específicas:     Ciencias da Terra e ambientais          Debuxo Artístico II         Ética e filosofía do dereito          Filosofia da ciencia e da tecnoloxía          Francés          Fundamentos de Administración e Xestión     Imaxe e Son     Técnicas de Expresión Gráfico Plástica

Libre configuraciónEmprendemento e Orientación Profesional

 

Novas reválida 2º Bacharelato: Guía de claves de la nueva Selectividad (El País)  


 

 

Visita ao Parque Eólico Experimental de Sotavento

 

O pasado xoves 5 de maio o alumnado de terceiro da ESO realizou unha visita ao parque eólico experimental de Sotavento, situado na Serra da Loba en Monfero (Lugo).

A visita foi guiada por dous monitores que lles explicaron multitude de conceptos sobre enerxías renovables, dende o seu aproveitamento pasando polas súas aplicacións comerciais ata a contaminación producida.

 

Logo visitaron unha vivenda bioclimática completamente robotizada onde lles foron explicados os principios físicos nos que está baseada e o aforro de enerxía que produce. Por último realizaron uns xogos, moi divertidos, para avaliar os coñecementos acadados. Despois de comer realizaron a viaxe de volta, chegando ás 18:00 horas ao Grove.

 

Galería de imaxes

Actividade de Escape en Vivo

Esta actividade foi realizada polos alumnos de 4º de ESO con materia optativa francés. Levouse a cabo o martes 3 de maio en Pontevedra, e participaron nela un total de 11 alumnos. O obxectivo da actividade era resolver un problema en equipo, recibindo pistas orais en francés.

A actividade organizouse en dous grupos, un de 5 persoas e outro de 6. Tiñan un total de 60 minutos para resolver o enigma. Un equipo conseguiuno, precisando de 55 minutos e 38 segundos, mentres que o outro equipo non o conseguiu, aínda que rematou por resolver o enigma nun total de 62 minutos e 21 segundos.

Os alumnos quedaron moi contentos coa actividade e déronse conta da importancia de traballar en equipo, escoitarse mutuamente e axudarse. En canto á parte lingüística tamén foi satisfactoria, xa que normalmente cando escoitan francés teñen diante á persoa que fala (a profesora) e neste caso falábaselles dende fóra da habitación. A dificultade neste caso era que só escoitaban e ademais a voz estaba un pouco distorsionada, pero aínda así entenderon o que se lles dicía.

 

Galería de imaxes

Entrega do Premio de Fotografía Matemática

 

Xa van 10 anos de Feira Matemática e outros tantos do Concurso de Fotografía Matemática que se convoca con motivo dela. Este ano, alumnado do IES Monte da Vila participou nas categorías de ESO e Bacharelato, conseguindo o alumno Javier Guillán Rial o premio correspondente á categoría de 2º ciclo da ESO e Bacharelato. O premio, outorgado pola Asociación Galega do profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) e a Fundación Barrie foille entregado o pasado 27 de abril. A fotografía gañadora levaba por título “Reflexión”.

 

 

 

Galería de imaxes

"Descubrindo as rochas que pisas", Programa da AEPECT

 

"Descubrindo as rochas que pisas", Programa da AEPECT (Asociación Española Para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra).

 

O pasado día 21 de abril o Doutor en Xeoloxía José Francisco Canosa visitou o noso instituto da man do departamento de Bioloxía e Xeoloxía. A súa actividade comezou cunha presentación de 50 minutos sobre o traballo dos xeólogos e a xeoloxía de Galicia en xeral e da zona do Grove en particular. Unha vez rematada a exposición, o alumnado de 1º de Bacharelato A, acompañados do profesor de Bioloxía e Xeoloxía, unha profesora de Debuxo técnico e o xeólogo, saíron cara a costa onde fixeron 4 paradas: praias de Montalvo, Bascuas e A Lanzada e Mirador da Siradella. Nestes puntos recoñeceron as características xeomorfolóxicas litorais e do sistema dunar, estudaron os procesos tectónicos (fracturas e pregamentos) e observaron os granitoides, o contacto cos xistos e presencia de rochas carbosilicatadas.

 

A actividade rematou ao día seguinte, no que se desenvolveu un obradoiro sobre recoñecemento e identificación de rochas de Galicia, con mostras de todas as rochas que podemos atopar na nosa Comunidade.

Galería de imaxes

Charla da ex-alumna Mar Benavides

 O martes 12 de abril Mar Benavides Prol, que o ano pasado rematou 2º de Bacharelato neste centro, pasou polo centro a contarlles a súa experiencia como au-pair ao alumnado de 4º da ESO. Despois de rematar os seus estudos de Bacharelato, e logo de buscar durante un tempo unha familia axeitada, Mar marchou a Londres a vivir unha experiencia que lle está axudando a mellorar o seu nivel de inglés, a coñecer unha nova cultura e a valerse por ela mesma nun país estranxeiro. Ademais da súa experiencia, Mar aportou valiosos consellos para aqueles que quixesen embarcarse nunha aventura similar.

Listaxe Bolsas de Estudio 2015/2016

Adxúntase PDF coas Bolsas de Estudios 2015/2016

Listaxe PDF

Distribuir contido