Convocatoria Erasmus+ curso 2023-2024

Ábrese o proceso de inscrición para a participación no programa Erasmus +  do curso 2023-2024 do IES Monte da Vila. As prazas dispoñibles son as seguintes:

  • 5 prazas para alumnado do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, para realizar unha estadía de 100 días en un dos seguintes destinos:
    • Italia (Pescara/Palermo)
    • Irlanda (Dublín)
    • Grecia (Atenas)
    • Malta
    • Polonia (Cracovia)
    • Croacia (Osijek)
    • República Checa (Praga)
    • Alemania (Berlín)
    • Francia (Niza)
    • Holanda (Róterdam)
    • Portugal (Lisboa, Oporto)
  • 2 prazas para o alumnado do ciclo de FPB de Informática de Oficina, para realizar unha estadía nos mesmos destinos.

Deberán entregarse as solicitudes no prazo de 10 días laborais, a contar a partir do día 22 de xaneiro de 2024, luns. A partir da finalización deste prazo, comezará o proceso de selección. Publicarase nesta páxina en vindeiras datas a listaxe de persoas seleccionadas e a orde correspondente na listaxe de espera das persoas non seleccionadas.

Os criterios de selección indícanse a continuación:

  • Expediente académico (30 %)
  • Coñecemento de idiomas (30 %)
  • Méritos (10 %)
  • Entrevista persoal (20 %)
  • Interese polo programa Erasmus (10%)

En caso de empate, os criterios de desempate serán, por esta orde:

  • A maior puntuación no expediente
  • A maior puntuación en formación de idiomas

En caso de continuar empatados, o desempate determinarase por sorteo.

Baremo

1) EXPEDIENTE ACADÉMICO (30 %)
 
Valorarase ata un máximo de 3 puntos, calculando a media aritmética das cualificacións obtidas nas materias do ciclo formativo de grado medio.

  • De 6 a 6,99. Aprobado. 1 punto.
  • De 7 a 8,99. Notable. 2 puntos.
  • De 9 a 10 Sobresaliente. 3 puntos.

Non se terán en conta as cualificacións convalidadas.
 
2. COÑECEMENTOS DE IDIOMAS (30 %)
 
2.1. Certificados de nivel do idioma do país de destino (ou inglés no seu defecto, por exemplo no caso de Grecia). Por certificado oficial da Escola Oficial de Idiomas ou un equivalente legalmente homologado. Sumarán ata un máximo de 3 puntos.

  • A1: 1 punto.
  • A2: 1,5 puntos.
  • B1: 2 puntos.
  • B2: 2,5 puntos.
  • C1 o C2: 3 puntos.

Sen certificado oficial: realización dunha proba de nivel (escrito + oral), ata un máximo de 1 punto.
 
2.2. Baremo dun segundo idioma
 
Valorarase o coñecemento de outro idioma cun nivel mínimo de A2 e coa acreditación dun certificado oficial, da mesma forma que para un idioma vehicular do país de destino (ou inglés no seu defecto), ata un máximo de 1 punto:

  • A2: 0,5 puntos
  • B1, B2, C1, C2.: 1 punto

A puntuación máxima que pode obterse neste apartado é de 3 puntos.
 
3. MÉRITOS (10 %)
 
Valorarase con 0,5 puntos cada título de formación profesional de grado medio diferente ao que da acceso á mobilidade, ata un máximo de 1 punto, en caso de FP Básica este punto non é aplicable.
 
4. ENTREVISTA PERSOAL (20 %)
 
Habilidades persoais e sociais suficientes para desenvolverse en contornas distintas das habituais. Valorarase a participación en programas de voluntariado.
 
5) INTERESE POLO PROGRAMA ERASMUS (10%)
 
Proba de coñecemento do programa Erasmus e de toda a información que recibiu na fase previa a este proceso selectivo.