Educación sexual e consumo de pornografía
Dende Santiago de Compostela, Afundación transmite por streaming a conferencia “EDUCACIÓN SEXUAL Y CONSUMO DE PORNOGRAFÍA” impartida por JOSÉ LUIS GARCÍA, doutor en Psicoloxía e especialista en sexoloxía, experto en condutas aditivas asociadas ao consumo de pornografía en menores.
O alumnado visualizou a charla dende a aula de FPB1, onde o relator abordou os riscos do consumo de pornografía a idades temperás e a necesidade dunha educación sexual profesional e científica.
José Luis García insistiu moito ao alumnado da importancia de resolver dúbidas e preguntar a pais, nais, mestres, psicólogos... para evitar que a pornografía pase de un aparente xogo a destruír a nosa educación sexual e afectiva.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
2-Conferencia1 FPB.jpg | 3.31 MB |