Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar - Curso 2023/2024
Prazo de solicitude: do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos
Texto da convocatoria: ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)
Procedemento administrativo: ED330B
Forma de presentación:
- Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos
- Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
- Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023