Charla "Guernica, de Pablo Picasso. Entre a arte e o símbolo" (USC)
O día 7 de marzo o alumnado de bacharelato desfrutou dunha charla de Juan Manuel Monterroso (USC) sobre a obra de Picasso. A charla inscríbese dentro do Programa A Ponte entre o ensino secundario e a Universidade de Santiago de Compostela (USC). A actividade, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, dirixiuse ao alumnado das materias Proxectos Artísticos (1º Bacharelato), Historia da Arte e Fundamentos da Arte II (2º Bacharelato).
A charla titulouse "Guernica, de Pablo Picasso. Entre a arte e o símbolo" e consistiu nun percorrido pola traxectoria do artista, facendo fincapé no contexto da Guerra Civil española. O Guernica de Pablo Piacasso naceu para formar parte do Pavillón Español na Exposición Internacional de París de 1937. Asociado cos bombardeos da aviación alemá sobre a vila vasca, esta charla conseguiu achegar ao alumnado á complexa historia da obra, tanto dende un punto de vista artístico, coma simbólico. Tamén se presentaron as diferentes peripecias do cadro ata retornar a España.